Ponte de tirantes

tipo de ponte con taboleiro suspendido

Ponte atirantada ou ponte de tirantes, é un tipo de ponte suspendida formada por un ou máis mastros, desde os que os cables de apoio van até os taboleiros da ponte. Algúns exemplos en Galiza son a Ponte do Milenio, en Ourense; a Ponte de Rande, na Ría de Vigo e a Ponte dos Tirantes en Pontevedra.

Vista da ponte de tirantes na ilha Fundão, campus da Universidade Federal UFRJ no Río de Xaneiro.

Estrutura

editar

O taboleiro ou plataforma da ponte está pendurado de varios tirantes. A súa función é transmitir as cargas verticais do taboleiro ao piar ou mastro principal, que posteriormente distribúe estas cargas ás fundacións ou cimentos.

A ponte de tirantes adoita ser a solución intermedia ideal entre unha ponte fixa e unha ponte colgante nos casos nos que unha ponte fixa requiriría unha estrutura de soporte moito maior, mentres que unha ponte colgante requiriría cables máis elaborados.

O sistema estrutural consiste nunha armazón moi ríxida que se apoia nos estribos das pontes.

Terminoloxía

editar

"Ponte de tirantes" é o termo usado no bUSCatermos e no Dicionario Visual da Construción publicado polo COAG.

"Atirantado, atirantada" é un termo amplamente usado tamén en portugués e castelán.

"Ponte estaiada" é o termo máis usado no portugués do Brasil.[1]

Tipos de pontes atirantadas

editar

Existen dous tipos básicos de pontes atirantadas: No tipo "arpa", os cables van paralelos, ou case así, desde o mastro, de xeito que a altura de suxeición do cable ó mastro é proporcional á distancia entre o mastro. mastro e o punto de unión deste cable á placa. No tipo "ventilador", os cables conéctanse ou pasan pola parte superior do mastro.

Galería de imaxes

editar


  1. Engenharia, Wasaki (2022-03-24). "Quais as características e tipos de ponte estaiada?". Wasaki Engenharia (en portugués). Consultado o 2023-08-19. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Walther, René; et al. (1999). Cable Stayed Bridges, 2ª edición, Thomas Telford. ISBN 0727727737.

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre arquitectura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.