bUSCatermos
O bUSCatermos é un buscador de terminoloxía desenvolvido polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
Descrición
editarÉ un banco de terminoloxía multilingüe accesíbel a través de Internet.
Nun inicio naceu como un buscador de terminoloxía para a comunidade universitaria, mais, en 2012, abriuse ao libre acceso.[1] Nese momento tiña información sobre 150000 conceptos con máis de 450000 entradas.[2] Desde 2013, é posíbel consultalo desde teléfonos intelixentes e tabletas tanto no sistema operativo Android como no iOS.[3]
Notas
editar- ↑ "O bUSCatermos xa se pode consultar aberto en liña". Xornal da USC. 2 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2019. Consultado o 15 de febreiro de 2019.
- ↑ "O bUSCatermos, a gran base terminolóxica do galego, xa se pode consultar aberto en liña". CTNL. 2 de outubro de 2012. Consultado o 15 de febreiro de 2019.
- ↑ "O bUSCatermos será accesible tamén dende unha aplicación para dispositivos móbiles". Xornal da USC. 17 de abril de 2013. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2019. Consultado o 15 de febreiro de 2019.