Ponte dos Santos
A ponte dos Santos, inaugurada o 29 de xullo de 1987, cruza a ría de Ribadeo, unindo Asturias e Galicia pola costa. Inicialmente foi construída para soportar a amplitude dunha estrada normal, pero no 2008 foi inaugurada (1 de outubro de 2008) a ampliación que consistiu en adecuala para un desdobramento de calzada para soportar o paso dunha autovía (A-8).
Ponte dos Santos | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | ponte ![]() | |||
Datas | ||||
Inauguración | 29 de xullo de 1987 ![]() | |||
Dimensións | ||||
Lonxitude | 600 m ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Lugo | |||
Concello | Ribadeo ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Recibe o nome polas dúas capelas que ten a ría a cada beira, a de San Román nas Figueiras (Castropol) e a de San Miguel en Ribadeo.
A actividade marítima viuse variada pola construción da ponte dos Santos, afectando á reconversión das lanchas de pasaxe para paseos turísticos ou limitando a altura dos navíos construídos nos estaleiros.[1]
Homenaxes
editarO 4 de maio de 2013 Correos emitiu un selo cun valor facial de dous euros coa imaxe da ponte[2].
Galería de imaxes
editar-
Localización
-
A ponte, cos apoios laterais tras o desdobramento
-
Antes da ampliación.
-
Dende Castropol.
-
Ribadeo dende pasarela peonil sur da ponte.
-
Antigo cargadoiro de mineral e a ponte ao fondo.
Notas
editar- ↑ España, La Nueva. "El calado de la ría y el puente de los Santos limitan los encargos". www.lne.es (en castelán). Consultado o 2019-09-27.
- ↑ Sello da Ponte dos Santos sobre a ría de Ribadeo . ribadeando.blogspot.com.es
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponte dos Santos |
A Galipedia ten un portal sobre: Asturias |