Ponte do Demo
ponte sobre o río Deza entre Carboeiro (Silleda) e Merza (Vila de Cruces)
A ponte do Demo é ponte situada entre as parroquias de Carboeiro (Silleda) e Merza (Vila de Cruces), cruzando o río Deza. Trátase dunha construción da Baixa Idade Media, localizada nas proximidades do mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro.
Ponte do Demo | |
---|---|
Localización | |
Coordenadas | 42°45′16″N 8°14′51″O / 42.754472, -8.247556 |
Río | Deza |
Concello | Silleda-Vila de Cruces |
Provincia | Pontevedra |
Características | |
Construción | Baixa Idade Media |
Material | Pedra |
A tradición oral afirma que foi construída polo demo, de aí o seu nome, nunha encarga dos monxes do mosteiro.
Galería de imaxes
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ponte do Demo na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.