Long Island Sound
O Long Island Sound (estreito de Long Island) é un estuario do océano Atlántico, onde desembocan numerosos ríos da rexión de Nova York, nos Estados Unidos. Está situado entre as costas Connecticut ao norte e Long Island ao sur, e as beiras de Nova York ao suroeste. A desembocadura do río Connecticut en Old Saybrook (Connecticut) atópase no estreito de Long Island. Ao final do extremo oeste, está bordeado polo lado norte polo condado de Westchester (Nova York) e o Bronx, e únese ao East River. Este estreito está ás veces considerado como a fronteira natural entre Nova Inglaterra e os estados da rexión do Mid-Atlantic (Nova York, Pensilvania, Nova Jersey, Maryland e Delaware.)
(en) Long Island Sound | ||||
Tipo | Estuario | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Estados Unidos de América | |||
Final | ||||
División administrativa | mar a fóra | |||
Localización | Océano Atlántico | |||
| ||||
Afluentes | Río Connecticut, Housatonic River (en) , Mystic River (en) , Thames River (en) , Mamaroneck River (en) , Rio Nissequogue (pt) , Norwalk River (en) , Niantic River (en) | |||
Historia
editarO primeiro europeo en navegar polo Long Island Sound foi o explorador e comerciante holandés Adriaen Block en 1614 a bordo do buque Onrust explorou o East River e entrou no Long Island Sound. Viaxando ao longo do estreito, internouse no río Housatonic (que era chamado o "Río dos Outeiros Vermellos") e no río Connecticut, que explorou polo menos ata o que é na actualidade Hartford, sesenta millas río dentro [1].
Durante o período colonial este estreito era chamado The Devil's Belt (O Cinto do Diaño)[2] e os arrecifes que se atopan no seu percorrido eran coñecidos como Devil's Stepping Stones (Os Chanzos do Diaño).
Xeografía
editarO estreito de Long Island ten unha lonxitude de preto de 145 km e unha anchura que vai dos 5 aos 32 km. A profundidade media é de 20 m, cunha profundidade máxima de 45 metros.
O río principal que desemboca na súa parte norte é o río Connecticut. Outros ríos que desembocan ao longo da costa de Connecticut son o Thames e o Housatonic. A costa é baixa e areosa.
As maiores cidades ao longo da costa de Connecticut son, do leste ao oeste: New London, New Haven, Bridgeport, Stamford e Greenwich. Ao noroeste a costa do condado de Westchester está densamente poboada. O estreito baña a cidade de Nova York ao oeste, onde se sitúa o Bronx, e ao suroeste onde se atopa Queens.
Vías de comunicación
editarO Long Island Sound é un brazo de mar con moito tráfico. Existe un servizo de transbordador que conecta a Port Jefferson no condado de Suffolk (estado de Nova York) con Bridgeport en Connecticut. Máis ao leste unha conexión a través de transbordador entre Orient Point, pequena cidade ao extremo nor-oriental da illa de Long Island con New London en Connecticut.
No extremo suroeste da canle, onde as súas augas atópanse coas do East River, construíuse a ponte Throgs Neck Bridge inaugurado en 1961 que conecta Queens co Bronx.
Notas
editar- ↑ "The Connecticut River Homepage: Adriaen Block". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2004. Consultado o 09 de setembro de 2007.
- ↑ "Moriches Bay History". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2007. Consultado o 09 de setembro de 2007.