Linguas atapascanas
As linguas atapascanas[1] é o nome dun grupo de linguas indíxenas, faladas polas tribos coñecidas como atapascas ou atabascas, localizados en dous grupos principais, un no sur de Norteamérica, e o outro no noroeste do continente; e entón designase así tamén á súa familia lingüística. A familia atapascana é unha das maiores familias lingüísticas de América do Norte, polo número de idiomas que agrupa e o número dos seus falantes —a familia uto-azteca, que se estende por México ten máis parlantes—. En tamaño de territorio, só as linguas álxicas cobren unha maior área.
Linguas atapascanas | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Dene | |
Falado en: | América do Norte | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Linguas atapascanas | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ath
| |
Mapa | ||
Status | ||
A verba atapascano provén do nome cree, aðapaskāw (onde hai plantas unhas tras outras), en referencia ao lago Athabasca, no Canadá. O nome púxollo Albert Gallatin na súa clasificación de 1836 sobre as linguas do norte de América, escribindo explicitamente que fora unha denominación arbitraria.
Linguas
editarAs 31 linguas atapascanas do norte fálanse no interior de Alasca e o noroeste do Canadá, no Iukón dos Territorios do Noroeste, así como nas provincias canadenses de Columbia Británica, Alberta, Saskatchewan e Manitoba. Varios idiomas atapascanos son idioma oficial nos Territorios do Noroeste, entre elas a lingua chipewyan, o dogrib, o idioma gwich'in e o slave.
As sete linguas atapascanas da costa do Pacífico son faladas no sur de Oregón e o norte de California. Illadas das linguas da costa e das do norte, as seis linguas do sur, incluíndo aos diferentes grupos apache e navagho, son faladas no suroeste americano e na parte noroeste de México.
O eyak e as linguas atapascanas forman unha agrupación xenética chamada atapascano-eyak. A lingua tlingit está algo relacionada con este grupo, formando a agrupación de linguas na-dené (tamén coñecidas como atapascano-eyak-tlingit).
Clasificación
editarDivisión xeral
editarA familia de linguas atapascanas ten tres principais agrupamentos xeográficos: o Norte, a Costa do Pacífico, e o Sur. Discútese se as linguas da Costa do Pacífico forman realmente unha agrupación xenética válida. O grupo setentrional é particularmente problemático, moito máis que o sur, onde as linguas son moitos máis homoxéneas. Non están definidos ben os subgrupos, agás as do Sur, polo que o modelo de clasificación pode ser incorrecto.
A continuación móstrase un esbozo de clasificación de Keren Rice de 1999.
- Alasca Sur
- Alasca-Yukón Central
- Canadá Noroeste
- Tsetsaut
- Columbia Británica Central
- Sarsi
- Kwalhioqua-Tlatskanai
- Atapascano da Costa do Pacífico
- Apache
As ramas 1 e 7 son o grupo do Norte. Kwalhioqua-Tlatskanai considerouse parte da Costa do Pacífico, pero unha recente revisión por parte de Krauss non a atopa próxima a esas linguas.
Unha clasificación diferente, formulada por Jeff Leer, é a seguinte (Tuttle & Hargus 2004:72-74):
- Alasca (Ahtna, Dena’ina, Deg Hit’an, Koyukon, Kolchan, Tanana Baixo, Tanacross, Tanana Alto, Gwich’in, hän)
- Yukón (Tsetsaut, N. Tutchone, S. Tutchone, Tagish, Tahltan, Kaska, Sekani, Dunneza)
- Columbia Británica (Babine-Witsuwit’en, Dakelh, Chilcotin)
- Este (Dene Suline, Slave, Dogrib)
- Sur (Tsuut’ina, Apache, Costa do Pacífico)
- Subgrupo Alasca sur
- Alaska Central – Subgrupo Yukón
- 3. Deg Hit’an (tamén chamada ingalik, deg xinag)
- 4. Holikachuk (tamén chamada innoko)
- 5. Koyukon
- 6. Kolchan (tamén chamada kuskokwim alto)
- 7. Tanana Baixo (tamén chamado tanana)
- 8. Tanacross
- 9. Tanana alto
- 10. Tutchone sur
- 11. Tutchone norte
- 12. Gwich’in (tamén chamada kutchin)
- 13. Hän (tamén chamada han)
- Subgrupo Canadá Noroeste
- A. Tahltan-Tagish-Kaska
- 14. Tagish
- 15. Tahltan
- 16. Kaska
- 17. Sekani
- 18. Dunneza (tamén chamada beaver)
- B. Slave-Hare (slave norte e sur)
- 19. Slave
- 20. Mountain
- 21. Bearlake
- 22. Hare
- 23. Dogrib
- 24. Dene Suline (tamén coñecidas como lingua chipewyan)
- Subgrupo tsetsaut
- 25. Tsetsaut
- Subgrupo Columbia Británica Central
- 26. Babine
- 27. Dakelh
- 28. Chilcotin (tamén chamada como tsilhqot’in)
- 29. Nicola (tamén chamada stuwix)
- Subgrupo sarsi
- 30. Tsuut’ina (tamén chamada sarcee, sarsi, tsuu t’ina)
- Subgrupo kwalhioqua-clatskanie
- 31. Kwalhioqua-Clatskanie (tamén kwalhioqua-tlatskanie)
Atapascano da Costa do Pacífico
editar- Subgrupo atapascano de California
- 32. Hupa (tamén chamada hoopa-chilula)
- 33. Mattole-Bear River
- 34. Eel River
- Subgrupo atapascano de Oregón
- 35. Upper Umpqua
- 36. Rogue River (tamén chamada tututni)
- 37. Galice-Applegate
- 38. Tolowa
Atapascano meridional (tamén coñecido como apache)
editar- Subgrupo apache das chairas
- 39. Apache das chairas (tamén denominada kiowa-apache)
- Subgrupo apache occidental
- A. Chiricahua-mescalero
- 40. Lingua chiricahua
- 41. Lingua mescalero
- 42. Lingua navagho (tamén chamada dinébizaad)
- 43. Apache occidental (tamén coñecida como apache colloteiro (de coyote)
- Subgrupo apache este
Lista xeográfica
editarDebaixo segue unha lista coas linguas atapascanas e a súa localización xeográfica.
- Alasca: ahtna, deg hit’an, dena’ina, gwich’in, hän, holikachuk, kolchan, koyukon, tanana baixo, tanacross, tsetsaut, tanana alto
- Yukón: gwich'in, hän, kaska, mountain, tagish, tutchone norte, tutchone sur, tanana alto
- Territorios do Noroeste: bearlake, dene suline, dogrib, gwich’in, hare, mountain, slave
- Nunavut: dene suline
- Columbia Británica: babine, bearlake, beaver, chilcotin, dakelh, hare, kaska, mountain, nicola, sekani, slave, tagish, tahltan, tsetsaut
- Alberta: beaver, dene suline, slave, tsuut’ina
- Saskatchewan: dene uline
- Washington: chilcotin, kwalhioqua-clatskanie (willapa, suwal), nicola
- Oregón: applegate, clatskanie, galice, rogue river (chasta costa, euchre creek, tututni, coquille alto), tolowa, umpqua alto
- Norte de California: eel river, hupa, mattole-bear river, tolowa
- Utah: navagho
- Colorado: jicarilla, navagho
- Arizona: chiricahua, navagho, apache occidental
- Novo México: chiricahua, mescalero, jicarilla, lipán, navagho
- Texas: mescalero, lipán
- Oklahoma: chiricahua, jicarilla, apache das chairas
- Noroeste de México: chiricahua, lipán, navagho
Proto-atapascano
editarFonoloxía
editarUnha reconstrución recente do proto-atabascano consta de 40 consoantes (Cook 1981; Krauss & Golla 1981; Krauss & Leer 1981; Cook & Rice 1989), segundo se detalla a continuación:
Fricativas ou constritivas | |||||||||||||
Bilabial | Alveolar | Palatal | Velar | Uvular | Glotal | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Central | Lateral | plana | Labial | plana | Labial | ||||||||
Oclusiva | Non aspirada | t | k | q | qʷ | ||||||||
Aspirada | tʰ | kʰ | qʰ | qʷʰ | |||||||||
Exectiva | t’ | k’ | q’ | q’ʷ | ʔ | ||||||||
Africada | Non aspirada | ʦ | tɬ | ʧ | ʧʷ | ||||||||
Aspirada | ʦʰ | tɬʰ | ʧʰ | ʧʷʰ | |||||||||
Exectiva | ʦ’ | tɬ’ | ʧ’ | ʧ’ʷ | |||||||||
Fricativa | Consoante xorda | s | ɬ | ʃ | ʃʷ | x | χ | χʷ | h | ||||
Consoante sonora | z | ɮ | ʒ | ʒʷ | ɣ | ʁ | ʁʷ | ||||||
Sonorantes | |||||||||||||
Nasal | m | n | ɲ | ||||||||||
Aproximante | j | w | |||||||||||
Vogal |
|
Notas
editar- ↑ Definición de atapascano, -a no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.