Dacota do Norte

estado dos Estados Unidos de América

Dacota do Norte[1][2][3] é un dos 50 Estados dos Estados Unidos de América. O centro xeográfico da América do Norte atópase en Dacota do Norte, en Rugby. A maior parte de Dacota do Norte está localizada na rexión das Grandes Planicies americanas. Por causa disto, a maior parte deste estado norteño caracterízase polo seu terreo pouco accidentado, relativamente plano. As facendas cobren máis do 90% do Estado. A agricultura e a extracción de petróleo son as principais fontes de renda de Dacota do Norte. Outra fonte de renda importante é o turismo.

Modelo:Xeografía políticaDacota do Norte
State of North Dakota (en) Editar o valor en Wikidata

HimnoNorth Dakota Hymn (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Lema«Serit ut alteri saeclo prosit (mul) Traducir»
«Liberty and union, now and forever, one and inseparable (mul) Traducir» Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialSeal of North Dakota (en) Traducir (selo nacional) Editar o valor en Wikidata
AlcumePeace Garden State Editar o valor en Wikidata
EpónimoPobo dakota Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°30′N 100°30′O / 47.5, -100.5
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
CapitalBismarck Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación779.094 (2020) Editar o valor en Wikidata (4,25 hab./km²)
Número de fogares320.873 (2020) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie183.108 km² Editar o valor en Wikidata
Auga2,4 % Editar o valor en Wikidata
Altitude580 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoWhite Butte (en) Traducir (1.069 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoRío Vermello do Norte Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación2 de novembro de 1889 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoNorth Dakota government (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Governor of North Dakota (en) Traducir Editar o valor en WikidataDoug Burgum (pt) Traducir (2016–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea Lexislativa de Dacota do Norte , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialNorth Dakota Supreme Court (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-ND Editar o valor en Wikidata
Identificador GNIS1779797 Editar o valor en Wikidata

Páxina webnd.gov Editar o valor en Wikidata

A rexión que compón Dacota do Norte foi a última rexión dos Estados Unidos continental en ser explorada e en ser colonizada polos americanos. En 1858, o goberno americano crearía o Territorio de Dacota - un territorio que incluía o que forma actualmente os Estados de Dacota do Norte e Dacota do Sur, até entón parte do territorio de Minnesota. O territorio de Dacota sería escasamente poboado até o século XIX, cando os primeiros ferrocarrís da rexión se construíron ao longo de Dacota, incentivando así a práctica da agricultura na rexión. Inicialmente, algúns poucos latifundistas dominaban a economía das dúas Dacotas, porén, o éxito destes latifundistas e o ferrocarril atraeran millares de persoas á rexión. O 2 de novembro de 1889, o territorio de Dacota foi dividido nas actuais Dacota do Norte e Dacota do Sur, e ambas eleváronse á categoría de Estados.

Dacota do Norte sufriu bastante nas décadas de 1920 e na 1930, por causa de grandes períodos de estiaxe, de pragas e da Gran Depresión. A poboación do Estado atinxiu o seu máximo nos primeiros anos da década de 1930, e desde entón ten pasado por períodos de declive e aumento de poboación, aínda que nunca máis volveu a atinxir os números da década de 1930. Actualmente, a poboación do Estado está en declive.

Historia

editar

Cando os primeiros exploradores europeos exploraran a rexión que constitúe actualmente o Estado de Dacota do Norte, seis tribos nativas americanas vivían na rexión. Estas tribos eran os mandan, hidatsa e os arikara, que vivían ao longo do río Missouri, tribos sedentarias que vivían principalmente da agricultura e da caza; os chippewa, nómades que vivían da caza no noroeste do Estado; os yankton (tribo parte do grupo nativo americano dos síux), ao longo dos ríos Yankton e Sheyenne, principalmente da caza; e os lakota, tamén parte do grupo nativo americano dos síux, que vivían no suroeste, vivindo sobre todo da caza.

O primeiro explorador europeo en explorar esta rexión foi Pièrre Gaultier de Varennes, un franco-canadense, en 1738. Porén, a rexión xa fora anteriormente reivindicada polos franceses en 1682, por René Robert Cavelier de La Salle, que reivindicara toda a bacía hidrográfica do Río Mississippi-Missouri, bacía que inclúe o suroeste da actual Dacota do Norte. Posteriormente, os franceses tamén reivindicaran unha vasta rexión ao sur da Baía de Hudson, rexión que incluía moito do norte da actual Dacota do Norte. En 1713, o territorio reivindicado polos franceses foi cedido aos ingleses. Porén, o suroeste do Estado continuou baixo control francés, parte da colonia francesa de Nova Francia. Despois de haber exploradoo o franco-canadense Varennes a rexión en 1738, poucos colonos de ascendencia europea retornarían á rexión, só comerciantes interesados na caza e no comercio de peles.

En 1763, como parte do Tratado de París, Francia cedeu a España todos os seus territorios ao oeste do Río Misisippi, a metade occidental do territorio coñecido como Luisiana (Nova Francia)|Luisiana. Deste xeito, moito da actual Dacota do Norte pasou a control español. En 1800, os españois cederon estes territorios a Francia, que vendeu toda Luisiana aos Estados Unidos de América en 1803. O Presidente americano Thomas Jefferson encomendou a Meriwether Lewis e William Clark a misión de explorar a rexión da Luisiana. Lewis e Clark explorarían a actual Dacota do Norte en outubro de 1804. Na rexión central da actual Dacota do Norte construirían Fort Mandan, ás marxes do río Missouri, non lonxe da actual cidade de Stanton. Lewis e Clark ficaron en Fort Mandan até abril de 1805, cando continuaron a súa viaxe rumbo á costa oeste americana. Retornarían unha vez máis en 1806, na viaxe de volta.

Porén, moito da actual Dacota do Norte aínda continuaba baixo control británico, parte dunha rexión controlada pola Compañía da Baía de Hudson. Xurdiron tensións entre os americanos e os británicos, ambos reivindicando territorios controlados polo outro. En 1812, algunhas familias de ascendencia escocesa e irlandesa instaláronse no norte da actual Dacota do Norte, onde actualmente se localiza Pembina. En 1818, os americanos e os británicos realizaron un tratado onde todos os territorios ao sur do paralelo 49, dos Grandes Lagos até as Montañas Rochosas, pasarían a ser controladas polos Estados Unidos. Así, o resto da actual Dacota do Norte pasou a control americano. No mesmo ano, parte dos colonos escoceses e irlandeses de Pembina abandonaron o asentamento. En 1823, o restante tamén abandonaría Pembina, cando un estudo comprobou que Pembina estaba de feito en territorio americano. Dacota do Norte non sería poboada por americanos ascendentes de europeos até mediados da década de 1860.

En 1861, o goberno americano creou o Territorio de Dacota. Este territorio incorporaba o que actualmente forma os actuais Estados de Dacota do Norte e Dacota do Sur, así como partes de Montana e de Wyoming. En 1862, os lakota mataron numerosos americanos brancos no actual Minnesota, para despois fuxir en dirección ao actual Dacota do Norte, sendo perseguidos por tropas americanas. Diversas batallas realizáronse no Estado, e continuarían até o inicio da década de 1870, cando, derrotados, se confinaron en reservas indíxenas, a través de tratados de paz realizados cos americanos. Porén, diversas revoltas indíxenas ocorrerían en Dacota do Norte, por causa da violación dos tratados de paz por parte dos americanos brancos, causaron diversas revoltas até 1881, cando se produciu a última destas revoltas, liderada por Touro Sentado, que se rendeu aos americanos no mesmo ano.

En 1863, o Acto Homestead pasou a impoñerse no territorio de Dacota. Aínda en 1863, partes do Territorio de Dacota foron cedidas para Montana e Wyoming, restando o territorio formado actualmente por Dacota do Norte e do Sur. O Acto Homestead fornecía lotes de terra a ningún custo a familias que estivesen dispostas a asentarse a rexión, nun esforzo para poboar a rexión, aínda non poboada por americanos de ascendencia europea -Dacota do Norte sería a última rexión de todos os Estados Unidos continentais en poboarse polos americanos de ascendencia europea-. O asentamento da rexión por parte destes americanos foi lenta. Diversas tribos nativas americanas, tales como os lakota e os métis, que se instalaran na rexión por volta da década de 1820, opuxéronse ao poboamento branco da rexión. Debido a que era unha rexión illada do resto do país, por causa da falta de medio de transportes e o medo de ataques indíxenas, poucas persoas decidiron instalarse nas dúas décadas seguintes.

Foi soamente en 1875 cando a rexión de Dacota do Norte pasaría a ser poboada por americanos a grande escala, grazas á instalación de xigantescos latifundios na rexión e da inauguración do primeiro ferrocarril na rexión, conectando Dacota do Norte co resto do país. Os latifundios cultivaban principalmente trigo, e estaban controlados por algunhas ricas familias. Estes latifundios precisaban de man de obra, estimulando así o poboamento da rexión. Estaban na súa maior parte ao longo do río Red, e posuían entre mil a 27 mil hectáreas de superficie. Estes latifundios, a través do uso de man de obra barata, do uso de métodos modernos de cultivo e do ferrocarril, eran altamente lucrativos. Porén, fragmentáronse gradualmente en facendas menores, despois da recesión na industria agropecuaria americana, que causou unha caída súbita dos prezos do trigo.

Grazas á minaría do ouro e á agricultura, a poboación do Territorio de Dacota -incluíndo a rexión da actual Dacota do Sur- pasou a crecer rapidamente. Porén, o ferrocarril, que propiciara a ascensión das industrias do trigo e da minaría, así como o poboamento da rexión, pasou a provocar tensións de cuño divisorio entre a rexión norte e sur do Territorio de Dacota. Estes ferrocarrís -que eran transcontinentais, conectando a costa leste americana coa costa oeste- cruzaban o Territorio de Dacota nun sentido leste-oeste. Non existían liñas ferroviarias conectando o norte do territorio co sur, e o transporte entre ambas as rexións era difícil. O rápido crecemento de poboación do Territorio de Dacota pasou a facer que o goberno do territorio e os seus habitantes pasasen a meter presión ao goberno americano para que o territorio fose elevado á categoría de Estado. Porén, por causa das tensións divisorias, rapidamente os habitantes do norte e do sur pasaron a esixir que cada rexión tivese o seu propio goberno.

En febreiro de 1889, o Congreso americano dividiu o Territorio de Dacota en dous. Ambos os territorios adquiriron entón as súas actuais fronteiras políticas. A rivalidade entre ambas as Dacotas era tanta que, despois da aprobación do Congreso en permitir que ambos os territorios fosen elevados á categoría de Estado, ambas as Dacotas pasaron a esixir que o fosen en primeiro lugar. A rivalidade fixo que o Presidente americano Benjamin Harrison -despois da ratificación da Constitución americana por ambas as Dacotas- ordenase ao Secretario de Estado James Blaine que mesturase ambos os documentos e impedise ver cal era o documento que elevaba oficialmente un dos territorios á categoría de Estado. Isto foi feito para que ninguén soubese quen fora elevado en primeiro lugar á categoría de Estado. Desta maneira, o 2 de novembro de 1889, Dacota do Norte tornouse o 39° Estado americano, xuntamente con Dacota do Sur.

1889 - Tempos actuais

editar

A poboación de Dacota do Norte continuou a crecer rapidamente até a década de 1920. En 1890, o Estado tiña 190.983 habitantes, cifra que aumentou a 577.056 en 1910. Este crecemento debeuse á prosperidade da industria agropecuaria da rexión, así como tamén pola industria ferroviaria. A poboación de Dacota do Norte -na súa maior parte rural- dependía, á súa vez, de estabelecementos bancarios, para o financiamento de equipamentos e instalacións agropecuarias, así como da industria ferroviaria para o transporte dos produtos cultivados no Estado a outras rexións do país. As relacións entre facendeiros e bancarios e ferroviarios nunca foron boas. En 1915 fundouse a Nonpartisan League, organización política que estaba apoiada polos facendeiros, apoiando o control estatal de estabelecementos indispensábeis á industria agropecuaria -tales como elevadores de grans e silos, todos xestionados por comerciantes privados- e estabelecementos bancarios que fornecesen empréstimos con baixas ou ningunha taxa de xuro.

En 1916, o republicano Lynn J. Frazier foi elixido gobernador de Dacota do Norte, tendo o apoio da Nonpartisan League. Frazier gobernaría o Estado até 1921, aumentando os orzamentos a distritos escolares situados en áreas rurais, diminuíndo impostos e creando a Industrial Commission of North Dakota, que pasou a administrar un número de empresas estatais, que pasaron a fornecer certos servizos dirixidos á poboación rural do Estado, tales como silos e elevadores de grans (controlados pola North Dakota Mill and Elevator) e empréstimos a baixos xuros (fornecidos polo Banco da Dacota do Norte). Tanto as comisións como ambas as compañías mencionadas aínda operan en tempos actuais.

Dacota do Norte entrou nunha gran recesión económica na década de 1920, grazas á gradual caída dos prezos do trigo americano no mercado internacional. O crecemento de poboación de Dacota do Norte diminuíu drasticamente. Moitos facendeiros endebedáronse, e outros víronse forzados a abandonaren as súas facendas. Pero unha recesión moito maior abateuse sobre Dacota do Norte en 1929: a Gran Depresión. A caída drástica dos prezos do trigo, o endebedamento dos facendeiros do Estado, pragas e estiaxes estancaron a Dacota do Norte ao longo da década de 1930. Moita da súa poboación deixou o Estado, en busca de emprego noutras rexións do país. A poboación da Dacota do Norte atinxiu un máximo de 680.845 habitantes en 1930. Desde entón, e até a década de 1950, a poboación do Estado entrou en declive e nunca superaría os 680 mil habitantes, desde entón.

Diversos programas federais de irrigación implementáronse en 1937. As axencias que administraban tales programas tamén desestimularon o uso excesivo de auga potábel, escasa por causa dos períodos prolongados de estiaxe. Foi soamente a partir de 1939 que acabou este período de estiaxe. A entrada dos Estados Unidos na segunda guerra mundial en 1941 fixo que a economía do Estado se recuperase no inicio da década de 1940, cando Dacota do Norte produciu grandes colleitas de trigo, vendido no mercado doméstico mais principalmente ás forzas armadas americanas.

Despois do fin da guerra, a economía de Dacota do Norte novamente entrou nunha recesión, grazas á caída drástica dos prezos do trigo, o que deixou a moitos facendeiros desempregados ou endebedados. Varios destes facendeiros mudáronse ás cidades, mentres que outros deixaron o Estado. O declive da poboación da Dacota do Norte continuaría até mediados da década de 1950. A construción de fábricas termoeléctricas de carbón e hidroeléctricas, e de diversos programas federais de irrigación, axudaron a estimular a economía do Estado, e a produción e venda de excedente de electricidade a outros Estados veciños axudou a diminuír a dependencia de Dacota do Norte en relación á industria do trigo.

En 1951 encontráronse grandes reservas de petróleo, e outras reservas serían descubertas nas décadas seguintes. O petróleo superaría ao trigo como a fonte de renda máis importante. En 1957, o goberno de Dacota do Norte, buscando diversificar a economía do Estado e diminuír aínda máis a súa dependencia en relación á industria do trigo, creou a Comisión de Desenvolvemento Económico, co obxectivo de atraer empresas de manufactura para a rexión. Esta comisión axudou a facer que Dacota do Norte tivese unha das maiores taxas de industrialización do país na década de 1960. Actualmente, máis de 80 cidades e vilas posúen as súas propias comisións de desenvolvemento económico.

En 1968, o goberno de Dacota do Norte e o Congreso americano aprobaron un proxecto conxunto que crearía un sistema de canais, o Garrison Diversion Project, que desviaría auga do río Missouri cara ás áreas máis secas do estado. Porén, estes canais desviarían auga a cidades e centros industriais, que serían despexados en ríos que corren en dirección ao norte, rumbo á baía de Hudson, pasando por territorio canadense. Isto causou tensións entre canadenses -que non querían recibir contaminantes dos americanos- e americanos. A velocidade da instalación do Garrison Diversion Project foi diminuído no inicio da década de 1970, e pasou por grandes mudanzas en 1986, por orde do Congreso americano, removendo a cláusula que estipulaba o desvío de auga do Missouri en dirección a ríos pasando por territorio canadense.

A economía de Dacota do Norte, que prosperara até o final da década de 1980, entrou novamente en recesión no inicio da década de 1990, sobre todo por causa da diminución dos postos de empregos na industria agropecuaria do Estado, maior que o aumento dos postos de emprego noutros sectores da economía do Estado. O goberno continúa a buscar formas de atraer novas industrias á rexión e diversificar a economía do Estado, aínda que isto teña resultado ser unha tarefa difícil. Por causa do estancamento económico, a poboación do Estado caeu desde mediados da década de 1990, e a pesar dun crecemento de poboación en xeral dun 0,5% entre 1990 e 2000, desde entón a poboación do Estado decreceu preto do 3% ao ano, tendo actualmente preto de 640 mil habitantes.

En 2000 o Congreso americano anunciou que substituiría o Garrison Diversion Project por un Acto, o Dakota Water Resources Act, que deu ao goberno de Dacota do Norte preto de 600 millóns de dólares, para seren empregados en programas de irrigación, abastecemento sanitario e recreación no Estado.

Xeografía

editar
 
Mapa de Dacota do Norte e dos seus 53 condados.

Dacota do Norte limita ao norte coas provincias canadenses de Saskatchewan e Manitoba, ao leste con Minnesota, ao sur con Dacota do Sur e ao oeste con Montana. O centro xeográfico de América do Norte atópase no Estado, próximo á cidade de Rugby. O estado ten unha superficie de 183.272 km².

Cerca do 60% do territorio forma parte da bacía hidrográfica do río Missouri, que vén de Montana, parte do oeste e no medio do Estado parte en dirección ao sur, rumbo ao golfo de México. O resto do Estado forma parte da bacía hidrográfica do río Red, que cobre o noroeste do Estado. O Red parte do oeste do Estado, vindo de Montana, e indo en dirección ao norte, para desembocar no Lago Winnipeg, no Canadá.

O maior lago de Dacota do Norte é o Lago Sakakawea, unha reserva artificial formada pola represa Garrison no río Missouri, próximo á Riverdale. Esta represa evita que as constantes enchentes do río Missouri causen grandes inundacións, alén de xerar electricidade. Á parte desta reserva, Dacota do Norte non posúe ningún gran lago, debido ao terreo pouco accidentado do Estado, aínda que numerosos pequenos lagos se espallen ao longo do Estado. Dacota do Norte posúe poucos espazos forestais, que cobren só o 1% do Estado.

Dacota do Norte pode dividirse en tres distintas rexións xeográficas:

  • O Val do Río Red é unha estreita faixa de terra que cobre todo o leste do Estado. Esta rexión é extremamente plana, formando parte dun antigo lago glacial, o Lago Agasiz. A súa principal característica é o seu solo extremamente fértil, un dos máis fértiles do mundo. A pesar de ser a menor das 3 rexións, o val do río Red é a rexión máis poboada do Estado. O val do río Red esta actualmente case todo cuberto por plantacións de trigo, pastos dedicados a rabaños bovinos ou áreas urbanas. O Val do Río Red posúe as menores altitudes do Estado, chegando a un mínimo de 229 metros ás marxes do Río Red, no extremo nordeste do Estado.
  • O Drift Praire atópase ao oeste do Val do Río Red. No sur, o Drift Praire estendéndose até as Grandes Planicies. O Drift Praire forma unha faixa de terra relativamente estreita no sur, alargándose á medida en que se viaxa en dirección ao norte, onde chega a cubrir preto de 85% do Estado (extensión leste-oeste). O Drift Praire posúe altitudes maiores que o Val do Río Red. Unha súbita inclinación divide ambas as rexións. As altitudes do Drift Praire son menores próximos ao Val do Río Red, gradualmente aumentando á medida en que se viaxa en dirección a oeste -con preto de 350 metros de altitude próximo ao Val do Río Red até máis de 830 metros próximo ás Grandes Planicies-. Caracterízase polo seu terreo cuberto por pequenos outeiros achatados, polo seu solo fértil e polos seus varios pequenos lagos, que atraen millares de patos salvaxes anualmente.
  • As Grandes Planicies cobren todo o resto do Estado, cubrindo toda a rexión centro-leste do Estado. No norte, é unha estreita faixa de terra, aínda que a súa anchura aumenta rapidamente á medida en que se viaxa en dirección ao sur. As Grandes Planicies e o Drift Praire están divididas polo Missouri Coteau, unha cadea de serras que se estende do Saskatchewan até a rexión central de Dacota do Sur. Caracterízase polo seu terreo relativamente pouco accidentado, marcado pola continua presenza de morros pouco elevados, pola súa baixa altitude, e polo seu solo fértil, aínda que menos fértil que o solo do Drift Praire o do Val do Río Red.

Dacota do Norte posúe un clima temperado. Debido ao seu terreo pouco accidentado e distante de grandes masas de auga, posúe grandes variacións de temperatura e un clima inestábel. Os invernos son xeralmente moi fríos, dado a súa localización no extremo norte dos Estados Unidos, en tanto que os veráns son quentes. Porén, o seu terreo pouco accidentado fai que frontes quentes vidas do sur ou frontes frías vidas do norte aumenten ou diminúan rapidamente a temperatura en calquera período do ano. En calquera época do ano, a temperatura media do Estado diminúe á medida en que se viaxa en dirección ao norte.

No inverno, a temperatura media é de -15 °C no sur (-10 °C no suroeste), e de -18 °C no norte (-21 °C no extremo nordeste). A media das mínimas no sur é de -15 °C, e no norte, de -21 °C. A media das máximas é de -5 °C no sur e de -9 °C no norte. En calquera parte do Estado, as mínimas varían entre -45 °C e 10 °C, e as máximas varían entre -38 °C e 18 °C. A menor temperatura xa rexistrada rexistrouse en Parhall, o 15 de febreiro de 1936.

A temperatura media no verán varía pouco de rexión a rexión na Dacota do Norte. O sur do Estado posúe unha media de 23 °C no sur, e o norte, 19 °C. A temperatura media de todo o Estado é de 21 °C. En todo o Estado, a media das mínimas é de 12 °C, e a media das máximas, de 29 °C. As temperaturas mínimas varían entre 2 °C e 21 °C, e as máximas varían entre 9 °C e 44 °C. A temperatura máis alta rexistrada tivo lugar en Steele, de 49 °C, o 6 de xullo de 1936.

En xeral, Dacota do Norte posúe baixas taxas de precipitación media anual de chuvia. As medias de precipitación son maiores no sueste do Estado -de preto de 52 centímetros anuais-. Estas medias diminúen á medida en que se viaxa en dirección ao oeste. O oeste do Estado recibe menos de 33 centímetros anuais de precipitación por ano. A precipitación anual de neve, á súa vez, é de 81 centímetros en todo o Estado.

Dacota do Norte é famosa no país polo seu clima inestábel. O encontro de grandes masas de ar quente vidas do golfo de México con grandes masas de ar frías vidas do Ártico -principalmente no verán- producen fortes ventos na rexión, e causan grandes treboadas, e por veces sarabia e tornados. No inverno, o Estado posúe un clima máis estábel -moi frío e seco-, aínda que grandes tempestades de neve son relativamente comúns no Estado. Estas correntes de ar encontran pouca oposición na rexión, e como consecuencia, poden alterar rapidamente a temperatura e o tempo nunha rexión determinada. A reputación de Dacota do Norte polo seu tempo severo e inestábel foi citada por moitos como un dos principais factores do declive de poboación do Estado e da falta de interese de empresas doutros Estados en instalarse na rexión. Porén, outras persoas consideran que o clima é só un factor secundario da situación económica do Estado.

Política

editar
 
O Capitolio Estatal da Dacota do Norte.

A actual Constitución de Dacota do Norte adoptouse en 1889. O Poder Lexislativo propón emendas á constitución, e para aprobarse, precisan aprobarse polo menos polo 51% do Senado e da Casa dos Representantes do Estado, e logo polo 51% ou máis da poboación electoral, nun referendo. A poboación do Estado tamén pode propor emendas á Constitución estatal a través dun proceso coñecido como iniciativa e referendo, unha petición asinada polo menos o 4% da poboación do Estado. Se este 4% se alcanzase, entón realízase un referendo que, para aprobarse, precisa ter polo menos o 51% dos votos a favor.

O principal oficial do Poder executivo é o gobernador. Este é electo polos electores do estado para mandatos de até 4 anos de duración. Unha persoa pode exercer o cargo de gobernador cantas veces quixer, caso de que sexa reelecto pola poboación. Outros oficiais escollidos son o tenente-gobernador (vicegobernador), o tesoureiro, o secretario de Estado, o attorney general, o comisario da agricultura, o superintendente de educación, entre outros oficiais, para mandatos de até 4 anos de duración. O gobernador, o attorney general e o comisario da agricultura compoñen a Comisión Industrial, unha comisión que regula a industria do petróleo no Estado, alén de administrar o Banco de Dacota do Norte e do North Dakota Mill and Elevator, empresas estatais de propiedade do goberno do Estado.

O Poder lexislativo -chamada oficialmente de Asemblea Lexislativa- consiste nun Senado e unha Cámara dos Representantes. O Senado posúe un total de 47 membros e a Casa dos Representantes posúe un total de 97 membros. Dacota do Norte está dividida en 47 distritos lexislativos. Os electores de cada distrito elixen un senador e dous representantes, que irán representar tal distrito en cadansúa cámara.

O máis alto tribunal do Poder xudicial é o Tribunal Supremo da Dacota do Norte, composta por cinco xuíces. Estes xuíces son electos pola poboación do Estado para mandatos de até 10 anos de duración. Dacota do Norte está dividida en 7 distritos xudiciais, cada un composto por seis xuíces. Estes xuíces son electos pola poboación dos seus distritos para mandatos de até 6 anos de duración. Estes tribunais xudiciais están dirixidos por un xefe da xustiza, electo polos xuíces dos seus respectivos tribunais para mandatos de até 5 anos de duración. Calquera persoa, para poder concorrer nestas eleccións do xudiciario da Dacota do Norte, non pode ter ningunha afiliación política, ou sexa, precisa concorrer como candidato independente.

Desde a creación de Dacota do Norte en 1889 e da súa elevación á categoría de Estado, foi dominada politicamente polo Partido Republicano. O primeiro gobernador do Estado foi un republicano. Historicamente, de cada 3 persoas electas para o posto de gobernador, 2 foron republicanas. A maioría dos políticos electos para o Lexislativo, en cidades e en condados, tamén son republicanos. A nivel nacional, a maioría dos senadores e membros da Casa dos Representantes federal foron republicanos. Os demócratas pasaron a gañar crecente forza soamente a partir da década de 1950, aínda que en tempos actuais os republicanos dominen politicamente Dacota do Norte. O primeiro senador demócrata a nivel federal de Dacota do Norte -Quentin N. Burdick- sería electo apenas en 1960.

Dacota do Norte está dividido en 53 condados. Cada un destes condados está gobernado por un consello de comisionadores, composto por tres a cinco membros electos pola poboación dos seus respectivos condados para mandatos de até 4 anos de duración. O Estado posúe un total 358 cidades. Segundo un acto do Poder Lexislativo da Dacota do Norte, aprobado en 1967, todas as cidades se consideran cidades primarias (cities). Estas cidades poden ser gobernadas por tres sistemas de administración municipal diferentes: por un prefecto e un consello municipal, por un administrador municipal ou por un consello de comisionadores.

Cerca da metade do orzamento vén de impostos estatais, sendo o restante recibido do goberno federal. En 2002, o goberno do Estado gastou 3.020 miles de millóns de dólares, tendo xerado 3.017 miles de millóns. A débeda gobernamental é de 1.673 miles de millóns de dólares. A débeda per cápita é de 2.639 dólares, o valor dos impostos estatais per cápita é de 1.762 dólares, e o valor dos gastos gobernamentais per cápita é de 4.764 dólares. Dacota do Norte posúe a segunda menor débeda gobernamental de calquera Estado americano, en gran parte por causa da súa pequena poboación, só por detrás de Wyoming.

Demografía

editar
Crecemento de poboación da Dacota do Norte
Ano Habitantes
1870 2.405
1880 36.909
1890 190.983
1900 319.146
1910 577.056
1920 646.872
1930 680.845
Ano Habitantes
1940 641.935
1950 619.636
1960 632.446
1970 617.761
1980 652.717
1990 638.800
2000 642.200

O censo nacional de 2000 estima a poboación do Estado en 642.200 habitantes, un crecemento en relación ás cifras de 1990, de 638.800. A estimación nacional de 2004 calcula a poboación da Dacota do Norte en 634.366 habitantes, un decrecemento do 1,2% en relación á poboación do Estado en 2000, e un decrecemento de 0,7% en relación á poboación do Estado en 1990.

Dacota do Norte experimentou un declive na súa poboación nos últimos 20 anos, principalmente causado pola saída de adultos novos, graduados de facultades e universidades, en dirección a outros Estados, causado pola falta de empregos. Programas estatais que perdoaban as débedas de estudantes de universidades e facultades foron instituídos no Estado con certo éxito, mais un programa maior, que perdoaría as débedas de calquera estudante nunha institución de educación superior no Estado, non se aprobou nun referendo. Algúns políticos federais teñen proposto un novo Acto Homestead, para estimular o asentamento de novos habitantes en rexións que actualmente están perdendo poboación, e animar a habitantes xa instalados nestas rexións a permaneceren, a través de medidas tales como reducións en impostos, mais estes actos serían rexeitados polo Congreso americano. Con respecto a isto, moitos políticos de Dacota do Norte consideran que mellores programas de desenvolvemento económico irán eventualmente resolver o problema do declive de poboación do Estado.

Razas e etnias

editar

Composición racial da poboación da Dacota do Norte:

Os cinco maiores grupos étnicos do Estado son alemáns (que compoñen 43,9% da poboación do Estado), noruegueses (30,1%), irlandeses (7,7%), suecos (5%) e nativos americanos (4,9%).

A maioría dos habitantes de Dacota do Norte posúen ascendencia norteeuropea, especialmente escandinavos e alemáns. Habitantes de ascendencia alemá están presentes en todo o Estado, especialmente nos condados do centro-sur do Estado; os escandinavos tamén están presentes en todo o Estado. Algúns condados posúen grandes poboacións de nativos americanos, especialmente en reservas indíxenas. Certos condados no oeste posúen as maiores percentaxes de habitantes de ascendencia rusa, ucraínos e húngaros de calquera condado americano.

Relixión

editar

A gran maioría da poboación identifícase como cristiáns. O Estado posúe a menor porcentaxe de persoas non relixiosas de calquera Estado americano, e tamén o maior número de igrexas per cápita do país.

Porcentaxe da poboación da Dacota do Norte por afiliación relixiosa:

Principais cidades

editar
 
Minot.

As cidades con poboación maior de 5.000 habitantes son as seguintes, segundo os datos do censo americano de 2000.

  1. Fargo - 90.607
  2. Bismarck - 55.502
  3. Grand Forks - 49.366
  4. Minot - 36.583
  5. Mandan - 16.718
  6. Dickinson - 16.010
  7. Jamestown - 15.527
  8. West Fargo - 14.940
  9. Williston - 12.512
  10. Wahpeton - 8.586
  11. Devils Lake - 7.245
  12. Valley City - 6.826

Economía

editar

O produto interior bruto de Dacota do Norte foi de 21 billóns de dólares en 2003. A renda per cápita do Estado, pola súa vez, foi de 28.922 dólares, 32º no país.

O sector primario representa o 5% do PIB. Xuntas, a agricultura e a gandaría contribúen ao 5% do PIB do Estado, e empregan aproximadamente a 44.000 persoas. Os efectos da industria madeireira e da pesca, por outro lado, son insignificantes na economía do Estado.

O Estado posúe 30 mil facendas, que cobren aproximadamente o 90% do Estado. O principal produto producido pola industria agropecuaria do Estado é o trigo. Dacota do Norte é o segundo maior produtor nacional de trigo, só por detrás de Kansas. O trigo prodúcese ao longo do Estado, especialmente no norte. Tamén é a maior produtora de sementes de xirasois, producido sobre todo no leste do Estado. Outros produtos importantes son bovinos e derivados (carne e leite), palla, sementes de colza, mel e soia, produtos dos que Dacota do Norte é un dos líderes nacionais. A palla é na súa maior parte utilizada no Estado, para a alimentación dos seus grandes rabaños de gado bovino.

O sector secundario representa o 18% do PIB. A industria de manufactura responde ao 9% do PIB do Estado e emprega aproximadamente 26.500 persoas. O valor total dos produtos fabricados no Estado é de 2,5 billóns de dólares. Os principais produtos industrializados fabricados no Estado son alimentos industrializados, maquinaria, equipamentos electrónicos, equipamentos de transportes e derivados de petróleo. A industria de construción responde ao 5% do PIB do Estado, empregando aproximadamente 23 mil persoas. A minaría representa o 4% do PIB, empregando preto de 4.500 persoas. O principal recurso natural extraído no Estado é o petróleo: posúe grandes reservas de petróleo, localizadas principalmente no oeste do Estado. Outros recursos naturais importantes son o carbón, o gas natural e gres.

O sector terciario representa o 77% do PIB. Cerca do 19% do PIB do Estado xérase a través de servizos comunitarios, persoais e comerciais. Este sector emprega preto de 130.000 persoas. O comercio por xunto representa o 18% do PIB do Estado, e emprega aproximadamente 97.000 persoas; os Servizos financeiros e inmobiliarios representan preto do 16% do PIB e empregan aproximadamente 28 mil persoas; os Servizos gobernamentais, un 14% do PIB e empregan aproximadamente 72 mil persoas; e os Transportes, telecomunicacións e utilidades públicas empregan 24 mil persoas, e representan o 10% do PIB. O 90% da electricidade consumida no Estado é producida en fábricas termoeléctricas de carbón, sendo o restante xerado principalmente en fábricas hidreléctricas. Dacota do Norte produce moita máis electricidade do que consome e o exceso véndese a outros Estados veciños, sobre todo ao Estado de Minnesota.

Educación

editar
 
Vista da Universidade de Dacota do Sur, localizada en Grand Forks, e parte do Sistema de Universidades da Dacota do Sur.

A primeira escola fundada no que é actualmente Dacota do Norte fundouse en 1818 por misionarios católicos, en Pembina, dirixida aos metis e a colonos de ascendencia irlandesa e escocesa vidos do Canadá. Esta escola foi fechada en 1823, cando todos os colonos canadenses abandonaran a rexión. A educación de nenos sería realizada por profesores viaxantes, que se movían de comunidade en comunidade, e ensinaban a nenos dunha determinada comunidade na casa dun deses nenos. Á medida en que a poboación destas comunidades aumentaba, foron construíndose escolas. En 1862, o goberno do territorio de Dacota creou un sistema de educación pública. En 1864, o goberno do territorio nomearía o primeiro superintendente de educación pública do territorio. Cando se crearon os Estados de Dacota do Norte e Dacota do Sur, cada estado continuou a soportar economicamente todas as escolas de lingua inglesa no Estado. Entón, existían preto de mil escolas públicas no recentemente fundado estado de Dacota do Norte. Posteriormente, o estado tamén pasaría a fornecer fondos económicos a escolas que ensinasen linguas nativas americanas en reservas indíxenas.

Actualmente, todas as institucións educativas precisan seguir regras e padróns ditados polo Departamento de Instrución Pública da Dacota do Norte. Este departamento adminístrase por un superintendente, electo pola poboación do Estado para mandatos de até 4 anos de duración. Cada cidade primaria (city), diversas cidades secundarias (towns) e cada condado, é servida por un distrito escolar. Nas cidades a responsabilidade de administrar as escolas é do distrito escolar municipal, mentres que en rexións menos densamente habitadas, esta responsabilidade é dos distritos escolares operando en todo o condado en xeral. Cada distrito escolar posúe os seus propios superintendentes. Todos os nenos e adolecentes entre 7 e 15 anos de idade deben asistir á escola.

En 1999, as escolas públicas do Estado atenderon a preto de 112.800 estudantes, empregando aproximadamente 8.200 profesores. As escolas privadas atenderon preto de 7.100 estudantes, empregando aproximadamente 500 profesores. O sistema de escolas públicas do Estado consumiu preto de 625 millóns de dólares, e o gasto das escolas públicas por estudante é de aproximadamente 5.800 dólares.

A primeira biblioteca pública de Dacota do Norte fundouse en 1897, en Grafton. Aínda no mesmo ano, o goberno do Estado creou un sistema de bibliotecas públicas móbiles, que regularmente viaxaban de comunidade en comunidade. Actualmente, o Estado posúe preto de 82 sistemas de bibliotecas públicas, que moven unha media de 7,1 libros por habitante.

Dacota do Norte posúe unha universidade privada, un sistema estatal de educación superior, cinco facultades indíxenas e tres facultades privadas. O sistema estatal de educación superior é o Sistema de Universidades de Dacota do Norte, que administra catro facultades e sete universidades.

Transportes e telecomunicacións

editar

A primeira liña ferroviaria conectando Dacota do Norte con outras rexións do país inaugurouse en 1872. Actualmente posúe unha extensa e eficiente malla ferroviaria e de autoestradas, que cobre boa parte do Estado. En 2002, posuía 5.893 quilómetros de ferrocarrís, e en 2003 posuía 139.662 quilómetros de estradas e autoestradas, dos cales 921 quilómetros eran considerados parte do sistema federal de autoestradas interestatais.

Actualmente dúas compañías ferroviarias fornecen transporte de carga, e a Amtrak fornece servizo de transporte de pasaxeiros. O estado posúe catro aeroportos internacionais, dos cales o máis transitado atópase en Fargo. Moitos aeródromos están espallados en áreas rurais, conectando rexións máis illadas co restante do Estado. Fargo é o principal polo de autoestradas, de ferrocarrís e de aeroportos do Estado.

O primeiro xornal do Estado, o The Frontier Scout, publicouse por primeira vez en 1864, en Fort Union. O xornal máis antigo aínda en circulación, á súa vez, é o Bismarck Tribune, impreso en Bismarck pola primeira vez en 1873. Actualmente, publícanse no Estado máis de 100 xornais, dos cales 10 son diarios.

A primeira estación de radio de Dacota do Norte fundouse en 1922, en Fargo. A primeira estación de televisión fundouse en 1953, en Minot. Actualmente, posúe preto de 75 estacións de radio e 25 estacións de televisión.

Cultura

editar

Símbolos do Estado

editar
  • Árbore: Ulmus americana
  • Bebida: Leite
  • Cabalo: Raza Nokota
  • Danza cuadrilla
  • Flor: Rosa arkansana
  • Fósil: Madeira petrificada tipo Teredo
  • Insecto: Xoaniña
  • Lemas:
    • Liberty and Union, Now and Forever, One and Inseparable (Liberdade e Unión, Agora e Sempre, Un e Inseparábel) - contida na bandeira do Estado.
    • Strength from the Soil (Forza do Solo) - contida no selo do Estado.
  • Mamífero: Odocoileus virxinianus
  • Música: North Dakota Hymn
  • Paxaro: Sturnella neglecta
  • Peixe: Esox lucius
  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 124. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014. 
  2. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. Dacota do Norte (EUA) 
  3. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 105. ISBN 84-8158-266-2. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar