Década de 1860
Segundo milenio | |||||
Século XIX | |||||
| |||||
|
1860
- Artigo principal: 1860.
- Aparece na Coruña O Vello do Pico-Sagro, a primeira publicación periódica escrita integramente en galego.
- 1 de xaneiro - Guerra de África: Vitoria das tropas españolas, o mando do xeneral Prim, na batalla dos Castillejos.
1861
- Artigo principal: 1861.
- 3 de xaneiro, Guerra civil estadounidense: Delaware vota en contra de separarse dos Estados Unidos.
- 17 de marzo, Formación do Reino de Italia.
- 2 de xuño, celébranse na Coruña os primeiros Xogos Florais, concurso poético xerme do Rexurdimento literario.
1862
- Artigo principal: 1862.
- 17 de setembro, Guerra Civil Americana: Tropas da Unión derrotan tropas Confederadas na Batalla de Antietam, no día máis sanguinolento da guerra: case 20 mil mortos, sumados os dous lados.
- 22 de setembro - Otto von Bismarck, primeiro ministro de Prusia
1863
- Artigo principal: 1863.
- 1 de xaneiro, Estados Unidos: entra en vigor a Acta de Emancipación para os escravos do sur.
- 10 de xaneiro - Apertura do primeiro sector do Metro de Londres.
- 30 de abril - Batalla de Camarón, en México, entre o exército mexicano e a Lexión Estranxeira do Segundo Imperio Francés.
- Camboxa, en Indochina, convértese nun protectorado francés.
Arte e literatura
- Publícase Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, que marca o inicio do Rexurdimento.
- Publícase a primeira novela de Jules Verne, Cinq semaines en ballon, traducida ao galego (Cinco semanas en globo) en 2005 por María Carmen Campos.
- Publícase o Diccionario gallego-castellano, de Francisco Javier Rodríguez Gil.
- Publícase The Naturalist on the River Amazons, de Henry Walter Bates.
- Publícase Zimnie zametki o letnikh vpechlatleniyakh (Notas de inverno sobre impresións de verán) de Fiódor Dostoievski.
- Édouard Manet pinta Le Déjeuner sur l'herbe (O almorzo sobre a herba) e Olympia.
1864
- Artigo principal: 1864.
América
- 26 de xaneiro - Batalla de Athens dentro da guerra civil estadounidense.
- 10 de abril - O arquiduque é coroado como Maximiliano I, emperador de México co apoio das tropas francesas (até 1867).
- 12 de xuño - Maximiliano chega á capital, México.
- 12 de novembro - Inicio da guerra da Tripla Alianza ou primeira guerra do Chaco (até 1870), na que participan o Brasil, a Arxentina e o Uruguai, aliados contra Paraguai
Arte e cultura
- José Casado del Alisal pinta o cadro histórico A rendición de Bailén, conservado no Museo do Prado.
- Francisco Mirás publica Compendio de Gramática gallega-castellana en Santiago de Compostela.
- Celébrase do 24 ao 28 de xullo en Santiago de Compostela o Congreso Agrícola Galego.
Ciencia e tecnoloxía
- Saen á luz as Ecuacións de Maxwell
1865
- Artigo principal: 1865.
- 1 de xaneiro, Chile: establécese o sistema métrico decimal.
1866
- Artigo principal: 1866.
- 11 de febreiro - Asasinato do sultán de Omán, Thuwaini ibn Sultan, polos seus fillos.
- 12 de febreiro - Enrique Simonet pintor valenciano.(m. 1927)
- 4 de abril - Intento de asasinato de Alexandre II de Rusia en Kíiv.
- 20 de xuño - O Reino da Italia declara guerra ó Reino de Austria. O resultado da guerra foi a vitoria dos italianos e a anexión de Venecia, recoñecida o 12 de outubro.
- 3 de xullo - O exército prusiano derrota ao austríaco na batalla de Sadowa durante a Guerra das Sete Semanas.
- 12 de agosto - Armisticio de Cormons entre Italia e Austria.
- 3 de outubro - Paz de Viena entre Italia e Austria.
- 21 de decembro - Alfred Nobel inventa a dinamita
1867
- Artigo principal: 1867.
1868
- Artigo principal: 1868.
- 3 de xaneiro: no Xapón a Dinastía Meiji é restaurada e o Shogunato abolido.
- 19 de setembro: Revolución de 1868, que supuxo o destronamento da raíña Isabel II de España e o inicio do Sexenio Democrático.
- Cristopher Sholes desenvolve e patenta o teclado QWERTY, chamado así pola disposición das primeiras letras do teclado.
1869
- Artigo principal: 1869.
África
- 17 de novembro - Exipto: inauguración da Canle de Suez de 163 km de lonxitude.
América
- 4 de marzo - Comezo do mandato de Ulysses S. Grant como presidente dos Estados Unidos.
- 10 de maio - Termina a construción da primeira liña férrea que cruza os Estados Unidos de costa a costa.
Europa
- 11 de febreiro - En España ábrense as Cortes Constituíntes despois do derrocamento de Isabel II.
- 25 de febreiro - En España Francisco Serrano Domínguez é nomeado presidente do goberno provisorio.
- 6 de xuño - España - Constitución de 1869, que instaura o Sufraxio universal masculino (maiores de 25 anos).
- 8 de decembro - Apertura do Concilio Vaticano I en Roma (até 20 de outubro de 1871).