Enrique Simonet

pintor español nado en Valencia (1866 - 1927)

Enrique Simonet Lombardo, nado en Valencia o 12 de febreiro de 1866 e finado en Madrid o 20 de abril de 1927, foi un pintor español.

Modelo:BiografíaEnrique Simonet

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Enrique Simonet Lombardo Editar o valor en Wikidata
2 de febreiro de 1866 Editar o valor en Wikidata
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de abril de 1927 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónReial Acadèmia de Belles Arts de Sant Carles
Real Academia de España en Roma Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAsunción Castro Crespo Editar o valor en Wikidata
FillosEnrique Simonet Castro Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1558106

Traxectoria

editar
 
Autorretrato de 1885.

Ao parecer a súa vocación primeira ou da infancia foi eclesiástica, pero abandonouna para dedicarse á pintura. Malia ser valenciano de nacemento e de que estudou na Escola de Belas Artes de San Carlos da súa cidade natal, vinculouse ao círculo malagueño tanto pola súa pronta chegada, como pola súa orixe familiar, a súa formación artística e/ou a súa actividade profesional na cidade de Málaga. E tamén estudou no taller do valenciano Bernardo Ferrándiz en Málaga, formando parte da chamada escola malagueña de pintura.

Marcha a Roma e outras viaxes

editar
 
Decapitación de San Paulo. 1887.
 
Anatomía do corazón, óleo sobre lienzo. 177 x 291 cm 1890 (Museo de Bellas Artes de Málaga).[1]
 
Flevit super illam (Lloró por ella). Óleo sobre lenzo. 296 x 550 cm 1892 (Museo de Bellas Artes de Málaga).

En 1887, marchou a Roma como pensionado, onde realizou A decapitación de San Paulo, hoxe na Catedral de Málaga, aproveitando a súa estancia para á súa vez viaxar por toda Italia. Visitou París varias veces e en 1890 fixo un percorrido polo Mediterráneo.

Tamén en Roma realizou, en 1890, a súa obra máis famosa: Anatomía do corazón, tamén coñecida como ¡E tiña corazón! ou A autopsia.[2] Viaxou a Terra Santa, onde se documentou para a súa monumental Flevit super illam; obra pola que recibiu numerosas medallas, entre elas foi primeira medalla na Exposición Internacional de Madrid de 1892, en Chicago en 1893, en Barcelona en 1896 e en París en 1900.

En 1893 e 1894 viaxou a Marrocos como correspondente de guerra de La Ilustración Española y Americana e en 1901 obtivo a cátedra de Estudos de Formas da Natureza e a Arte da Escola de Belas Artes de Barcelona, onde residiu a partir de entón, aínda que pasaba os veráns en Vigo.

Últimos anos

editar

En 1911 pasou a formar parte da Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid e entre 1921 e 1922 foi director da Residencia de El Paular para paisaxistas. Xa que tamén se dedicou á pintura decorativa e de paisaxes, entre a que destacan os catro grandes lenzos sobre as Alegorías do Dereito, no Palacio de Xustiza de Barcelona e as oito Alegorías das Provincias no Palacio de Xustiza de Madrid.

Morreu o 20 de abril de 1927 sendo catedrático da Escola Especial de Pintura, Escultura e Gravado de Madrid.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar