Mayflower é o nome do barco que transportou aos chamados Peregrinos desde Inglaterra até a costa do que agora é Estados Unidos en 1620.

Mayflower na Baía de Plymouth (por William Halsall, 1882)

Datos e incidencias

editar

Debido a unha serie de problemas na nave, víronse obrigados a regresar en dúas ocasións ao pouco de partir, para reparalos. Nun terceiro intento, saíron de Plymouth o 6 de setembro e, finalmente, conseguiron chegar o 11 de novembro.

A nave transportou a 102 persoas, sen contar a tripulación. Foron os primeiros colonos en establecerse na costa de Massachusetts, formando a colonia de Plymouth.

Historia do barco

editar

Para referir a historia do barco, habería que falar das diferenzas dos puritanos coa igrexa anglicana recentemente fundada en Inglaterra. Os puritanos que foron os que partiron de Plymouth, aplicaban unha filosofía aínda máis radical respecto das leis da igrexa, mesmo con máis fervor que os calvinistas. Primeiro houbo un intento de retirarse cara a Ámsterdan nos Países Baixos, pero non resultou totalmente ben a escisión, e decidiron regresar a Southampton. Alí prometéuselles terra en Nova Inglaterra e o 16 de setembro de 1620 partirían cara a alí. Os peregrinos buscaban crear unha nova Xerusalén e purificar así a relixión dos males que a afectaban.

Dimensións

editar

Os detalles acerca das dimensións da nave son descoñecidos, pero estimáronse a partir do total da carga e pola forma dos barcos mercantes de 180 ton, que no período correspondían a entre 27,43 e 33,53 metros de longo e 7,62 metros de ancho (90 e 110 pés de longo e preto de 25 pés de ancho). O tamaño dunha nave é medido, pero non así o seu peso, pero pola carga (a cantidade que a nave pode levar). O termo "ton" é usado para medir a carga dunha nave, a cal deriva da palabra inglesa tun, un barril grande usado para transportar viño).

Un grupo de investigadores realizou o deseño dunha réplica, o Mayflower II, que foi lanzado o 22 de setembro de 1956.

Viaxe a América

editar

A ruta inicial contemplaba realizala en dous barcos, xunto co Speedwell. A primeira viaxe partiu desde Southampton, Inglaterra o 5 de agosto de 1620, pero o Speedwell tivo un escape e tivo que ser reparado en Darthmouth. Nun segundo intento, o barco alcanzou o océano Atlántico, pero unha vez máis se viu forzado a retornar. Logo de algo de reorganización a viaxe definitiva fíxose só no Mayflower.

Con 102 pasaxeiros a bordo máis a equipaxe, cada familia situouse nun espazo bastante pequeno coas súas pertenzas. Nun punto, a viga de soporte principal da nave rompeu e foi reparada usando unha barra de aceiro. O Mayflower arribou en Renwes, no sur da beira da península de Avalon en Newfoundland, onde recolleron auga e provisións das familias pesqueiras locais antes de navegar en Cabo Cod. Tentaron chegar preto do río Hudson, pero víronse forzados a cambiar de curso debido ao mal tempo. Como resultado do atraso, os peregrinos non arribaron até a chegada do inverno de Nova Inglaterra.

Antes de desembarcar, os peregrinos escribiron e asinaron a Declaración de Mayflower. Eles fallaron en alcanzar Virginia, onde tiñan permiso de terras. O 5 de abril de 1621 o Mayflower parte desde a colonia de Plymouth en Massachusetts, retornando a Inglaterra o 6 de maio de 1621.