Abrir o menú principal
Aleutianas
Bandeira de Alaska Nicht vorhanden
Bandeira Escudo
Localización
North-Pacific-air-routes.png
Datos
Capital
País Estados Unidos
Linguas
Poboación (2000) 8,162
Superficie 17,670 km²
Densidade
Coordenadas
Maior Altura

As illas Aleutianas (posiblemente o nome vén da lingua chukchi aliat, illa) forman unha cadea de pequenas illas volcánicas que forman un arco situado no norte do Océano Pacífico e que se estende ao longo de 1.900 km dende o extremo da Península de Alasca ata a Península de Kamchatka. Case todo o arquipélago forma parte do estado de Alasca, Estados Unidos, pero o extremo oeste pertence a Rusia. Segundo o censo do ano 2000 as Aleutinas tiñan 8.162 habitantes, deles 4.282 concentrados na cidade de Unalaska.

Índice

XeografíaEditar

As illas, coñecidas antes de 1867 como o arquipélago de Catarina, comprende catro grupos- Fox, Andreanof, Rat e Near. Localizadas entre os 52 e 55 graos Norte e 172 graos Leste e 163 graos Oeste.
A gran maioría das illas mostran as marcas da súa orixe volcánica e hai numerosos volcáns na parte norte da cadea, algúns aínda activos, Shishaldin (3041 m), en Unimak, é o máis importante.
O clima das illas é oceánico, con temperaturas moderadas e uniformes e con abondosa chuvia. As néboas son constantes. A temperatura media anual de Unalaska, a illa máis importante do grupo, é 3'4 °C, e en xaneiro a media é de 1'1 °C e 11'1 °C en agosto, 250 días de chuvia por ano (2032 mm.)

HistoriaEditar

Os Ungangan son o pobo orixinario das Aleutianas, coñecidos internacionalmente como aleutianos. A súa lingua está relacionada coas linguas inuit. Moitos antropólogos cren que os primeiros seres humanos en pisar América seguiron a rota das agora illas Aleutinas que entón formaba un paso de terra entre Asia e América.
En 1741 o goberno ruso enviou a Vitus Bering, un danés ao servizo de Rusia, e a Aleksei Chirikov, nunha viaxe de exploración ao Pacífico Norte. Chirikov descubriu moitas das illas Aleutianas orientais, e Bering a maioría das occidentais. Nas illas establecéronse compañías comerciais rusas dedicadas ao comercio de peles, algúns aleutianos mesmo foron transferidos ás Illas Pribilof para cazaren lontras mariñas. As illas pertenceron a Rusia ata a merca de Alasca polos Estados Unidos en 1867.

 
As Illas Aleutianas e a Península de Alasca, vistos dende a órbita da Terra
 
Vista de Atka, Amlia e outras das illas Aleutianas dende o espazo

Lista das Illas AleutianasEditar

Listaxe de leste a oeste dos maiores grupos das Illas Aleutianas, as illas esta por orde alfabetico. O nome en aleutiano está entre parentese.

Illas FoxEditar

Illas das Catro Montañas (Uniiĝun)Editar

Illas Andreanof (Niiĝuĝin tanangis)Editar

Illas Rat (Qax̂um tanangis)Editar

Illa Buldir (Idmaax)Editar

Illas Near (Sasignan Tanangin)Editar

Illas Comandante (Russia )Editar

NotasEditar

  • Bergsland, K. Aleut Dictionary, Fairbanks: Alaska Native Language Center, 1994
  • Orth, Donald J. 1971. Dictionary of Alaskan place names. U.S. Geological Survey Professional Paper 567, 1083 pp.