Illas do Comandante

grupo de iillas da Federación Rusa

Coordenadas: 54°45′N 167°00′L / 54.750, -167.000

As illas do Comandante, ou illas Komandorski, ou illas Komandórskiye (en ruso, Командо́рские острова́; Komandórskiye ostrová) son un grupo de illas do Ártico, o grupo máis occidental das illas Aleutianas, localizadas a 175 km ao leste da península de Kamchatka, en augas do mar de Bering.

Mapa que mostra a posición das illas do Comandante, ao leste de Kamchatka.
A illa máis grande, no oeste, é a illa de Bering, e a pequena é a illa Medni

Administrativamente pertencen ao krai de Kamchatka da Federación de Rusia.

XeografíaEditar

As illas do Comandante constitúen o grupo máis occidental das illas Aleutianas, aínda que estean separadas do resto da cadea por varios centos de quilómetros. O grupo consiste na illa de Bering (95 km por 15 km), a illa Medni (55 km por 5 km) e quince pequenas illas e illotes, a maior das cales son Toporkov Kamen (0,15 km²) e a illa Ariy, que están entre 3 e 13 km ao leste da illa de Bering.

O seu relevo é un pouco diverso, comprendendo montañas moi pregadas, mesetas volcánicas, socalcos e montañas baixas. A súa orixe xeolóxica é volcánica: son antigos volcáns, extintos hai moito tempo, que xurdiron no bordo da placa pacífica e a placa norteamericana. O punto máis elevado é o pico de Steller (755 m), na illa de Bering. O punto máis alto na illa de Medny e o pico Stenjeger (647 m).

O clima é temperado e marítimo, con frecuentes precipitacións (220-240 días/ano). Os frescos veráns son notoriamente neboentos.

PoboaciónEditar

A única localidade habitada permanente é a aldea de Nikolskoye, no extremo noroeste da illa de Bering, cunha poboación estimada de 750 habitantes en 2005. A poboación está composta case na súa totalidade por rusos (dous terzos) e aleutas (u terzo).[1]

A maioría das illas, así como gran parte do hábitat marino adxacente (36 486,79 km²), forma parte da Reserva Natural das illas do Comandante» (Komandorsky Zapovednik). A economía baséase principalmente na pesca, a recolección de cogomelos, a administración da Reserva Natural, o ecoturismo e os servizos públicos.

Os habitantes, rusos e aleutas cazan baleas e pescan peixes e outros animais mariños.

Disputas territoriaisEditar

Dous grupos máis pequenos de illotes rochosos cerca da illa Medny, as chamadas Rochas do león de Mar (Сивучий Камень, Sivuchy Kamen) e as Rochas da nutria mariña (Камни Бобровые, Kamni Bobrovyye), son considerados por algunhas persoas como territorio dos Estados Unidos Porén, o goberno dos EE. UU. non fai ningunha reclamación das illas, e recoñéceas como territorio ruso.

NotasEditar

  1. Derbeneva O. A.; R. I Sukernik, N. V. Volodko, S. H. Hosseini, M. T. Lott & D. C. Wallace (2002): "Analysis of Mitochondrial DNA Diversity in the Aleuts of the Commander Islands and Its Implications for the Genetic History of Beringia". American Journal of Human Genetics 71 (2): 415-421.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar