Illa Tanaga
A Illa Tanaga (en inglés: Tanaga Island; en aleutiano: Tanax̂ax[1]) é unha illa no oeste das Illas Andreanof, na parte suroeste das illas Aleutianas, Alasca. A illa ten unha extensión territorial de 530 km², o que a fai a trixésimo terceira (33) illa máis grande dos Estados Unidos. O seu punto máis alto é o volcán ou Monte Tanaga que está a 1.806 m., chamado Kusuuginax[2] en aleutiano.
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Andreanof | |||
Localización | ||||
División administrativa | Região Censitária de Aleutians West, Estados Unidos de América (pt) | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Características | ||||
Dimensións | 32 () × 40 () km | |||
Punto máis alto | Tanaga (pt) (1.806 m ) | |||
Superficie | 529 km² | |||
Tanaga esta a uns 62 quilómetros ao oeste da Illa Adak, a illa máis próxima que está habitada. Hai variasfervenzas en gran parte da illa. Tanaga está deshabitada, pero varias cabanas se registran en Mapas náuticos, así como algúns pobos Aluet no lado leste da illa.[3]
Non hai mamíferos terrestres nativos en Tanaga.
En Tanaga construíuse un campo de aterraxe de urxencia da mariña de guerra estadounidense en xullo de 1943 como un complemento á Base Naval de Operacións de Adak. O sitio abandonouse en 1945. A torre de control aínda aparece nas cartas náuticas.
Volcán
editarO cume de Takawangha ten 1.806 m., está cuberto principalmente de xeo. A última erupción coñecida do volcán Tanaga ocorreu en 1914. Informáronse erupcións anteriores en 1763-1770, 1791 e 1829. Os informes destas erupcións son vagos, pero os depósitos nas abas do volcán mostran que as erupcións típicas producen fluxos de lava en bloques e nubes de cinzas ocasionais.[4]
Notas
editar- ↑ Bergsland, K. (1994). Aleut Dictionary. Fairbanks: Alaska Native Language Center.
- ↑ Bergsland, K. (1994). Aleut Dictionary. Fairbanks: Alaska Native Language Center.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2017.
- ↑ "Alaska Volcano Observatory - Tanaga". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2017. Consultado o 11 de novembro de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Tanaga |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Tanaga Island Photos Photos da illa Tanaga, xullo 2008]