A illa Atka (en inglés: Atka Island; en Unangam Tunuu ou en Aleutiano: Atxax[1]) é a illa máis grande do grupo das illas Andreanof, que á súa vez forman parte das illas Aleutianas, no estado norteamericano de Alasca. A illa está a 80 quilómetros ao leste da illa de Adak. Mide 105 quilómetros de longo e entre 3,2 e 32 km de largo, cunha superficie de 1.048 km², polo que é a 22ª illa máis grande dos Estados Unidos. No nordés da illa Atka atópase o volcán Korovin, que alcanza os 1.533 m. A illa Oglodak atópase a 5´5 km do cabo Kigun, o punto máis occidental da illa Atka.

Atka
Atx̂ax̂
AKMap-doton-Adak.PNG
Localización da illa
ESC large ISS001 ISS001-E-5960.JPG
Volcán Korovin, no nordés de Atka
Situación
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
EstadoAlasca
ArquipélagoIllas Andreanof, Aleutianas
MarMar de Bering, Océano Pacífico
Coordenadas52°07′N 174°30′O / 52.117, -174.500Coordenadas: 52°07′N 174°30′O / 52.117, -174.500
Xeografía
Superficie1.048´8 km²
Longura máxima105 km.
Largura máxima32 km.
Punto máis alto1.533 m. Volcán Korovin
Demografía
CapitalAtka Village
Poboación95 hab. (2.000)
Densidade0´1 hab./km²
Lingua propiaInglés

A vila de Atka, está na parte leste da illa. O censo de poboación de 2000, determinou que a illa estaba habitada por 95 persoas, case todas na cidade de Atka.[2]

Vila de Atka no inverno

Durante a Segunda Guerra Mundial estableceuse unha base militar na illa, que aínda permanece. O 5 de decembro de 2008, o presidente George W. Bush creou o Monumento Nacional en conmemoración dos eventos da Segunda Guerra Mundial no Pacífico, máis especificamente na illa.[3] Un B-24 Liberator estrelado en Atka e un dos nove sitios do monumento.

NotasEditar

  1. Bergsland, K. (1994). Aleut Dictionary. Fairbanks: Alaska Native Language Center.
  2. Atka Island: Blocks 1085 thru 1100 and Block 1103, Census Tract 1, Aleutians West Census Area, Alaska United States Census Bureau
  3. Walter, Eugene; Katherine Clark (2002). "The Arctic Circle". Milking the Moon: A Southerner's Story of Life on This Planet. New York: Three Rivers Press. ISBN 0-609-80965-2. The author describes his three years serving on Atka as a military cryptologist during World War II.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar