Illa Salt
Illa Salt (inglés Salt Island) é unha illa no arquipélago das Illas Virxes Británicas no mar Caribe pertencentes ao Reino Unido. Situada a uns 10 quilómetros ao sueste de Road Town, a principal cidade de Tórtola. O seu nome recibe o nome polas salinas, que antes eran un importante recurso.
Illa Salt | |
---|---|
Localización da illa de Salt vista desde Tórtola. O naufraxio do Ródano está situado no punto da rocha negra no oeste da illa (na parte dereita da foto). | |
Situación | |
País | Reino Unido |
Arquipélago | Illas Virxes |
Mar | Mar Caribe |
Coordenadas | 18°22′N 64°31′O / 18.367, -64.517Coordenadas: 18°22′N 64°31′O / 18.367, -64.517 |
Xeografía | |
Superficie | 1´5 km² |
Longura máxima | 1´7 km. |
Largura máxima | 1´5 km. |
Demografía | |
Poboación | Non permanente |
Xeografía editar
Illa Salt atópase no mar Caribe a 10 km ao sueste da illa principal de Tórtola. A illa é de orixe volcánica e ten unha superficie de ao redor de 1´5 km².
Á illa só se pode chegar por barco, e é un lugar de excursión moi popular, especialmente para o mergullo: os restos do naufraxio do buque de carga "RMS Rhone» está considerado entre os mellores puntos de mergullo nas augas do mar Caribe.
Historia editar
A illa Salt foi descuberta en 1493 por Cristovo Colón, durante a súa segunda viaxe ao Novo Mundo.
O nome provén das salinas, que anteriormente constituía unha fonte importante de sal para a Armada británica: a "Royal Navy".
En 1672 a illa incorporouse á colonia británica de Antiga. En 1773 converteuse con outras illas no territorio das Illas Virxes Británicas.
O 29 de outubro 1867 afundiuse o buque de carga "RMS Rhone» durante unha tormenta fronte á costa oeste, é o máis destacable da illa, afundiuse durante un furacán. A maioría da tripulación do barco perdeuse. Moitos dos cadáveres foron enterrados nunha fosa na illa Salt, situada a pouca distancia da praia principal, e que hoxe se pode ver facilmente. Un ancho círculo de pedras está colocado sobre a tumba.
O naufraxio do 'Rhone' é un dos mellores sitios de [[mergullo] do Caribe. Algunhas das escenas subacuáticas da película Abismo foron rodadas dentro e arredor do naufraxio.
A poboación da illa non ten máis de tres persoas como mínimo desde 1980. Pagan unha renda anual á raíña do Reino Unido, entregada ao gobernador, dunha bolsa de sal de medio quilo.
O turismo é a única fonte de ingresos da illa. A illa é frecuentemente visitada por barcos e recibe un cruceiro ocasional máis pequeno. Onde antes había vinte ou máis fogares agora só hai tres ou catro casas abandonadas.
Notas editar
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Salt |
Ligazóns externas editar
- Salt Island Arquivado 26 de maio de 2013 en Wayback Machine. at BVI Bound