A illa Unalaska é unha illa no grupo das Illas Fox nas Illas Aleutianas no estado de Alasca. A illa ten unha superficie de 2.720 km². Mide 127´8 de longo e 55´9 km de largo. A cidade de Unalaska, cobre parte da illa e de toda a veciña illa Amaknak onde se localiza o porto de Dutch Harbor. A poboación da illa excluíndo Amaknak a partir do censo dos Estados Unidos (censo 2000) era 1.759 residentes.

Unalaska
Nawan-Alaxsxa
Situación
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
EstadoAlasca Alasca
ArquipélagoIllas Fox nas illas Aleutianas
MarMar de Bering, océano Pacífico
Coordenadas53°54′00″N 166°32′00″O / 53.90000, -166.53333Coordenadas: 53°54′00″N 166°32′00″O / 53.90000, -166.53333
Xeografía
XeoloxíaIlla volcánica
Superficie2.720 km²
Longura máxima128 km.
Largura máxima56 km.
Punto máis alto1.800´1 m. Monte Makushin
Demografía
CapitalUnalaska (710 hab.)
Poboación1.759 (2000)
Densidade0´65 hab./km²

Unalaska é a segunda illa máis grande no grupo das Illas Fox e as Illas Aleutianas. O litoral de Unalaska é notablemente diferente en aparencia que outras illas Aleutianas importantes, con innumerables entradas e penínsulas. A costa irregular rómpese por tres profundas e longas baías, Beaver Inlet, Unalaska Bay, e Makushin Bay, así como por numerosas baías e calas máis pequenas. O terreo de Unalaska é accidentado e está cuberto de montañas, e durante a maior parte do ano as elevacións máis altas están cubertas de neve.[1]

Unalaska é o nome de aleutiano para a illa. Existen varias teorías sobre a súa orixe; O máis probable é que o nome provén dunha corrupción da palabra rusa "Ounalashka" da palabra aleutiana para 'cerca do continente, nawan Alaskax.

Historia editar

A illa foi descuberta por Vitus Bering en 1741. Un asentamento ruso xurdiu en 1759, pero catro anos despois foi destruído polos aleutianos, xunto con catro buques mercantes. O masacre cobrou a vida de 162 colonos rusos. Os superviventes lograron manterse por si mesmos ata 1764, cando foron rescatados polos rusos. Este evento desencadeou represalias sanguentas contra os nativos que custaron a vida duns 5.000 aleutianos.

A expedición de 1788 de Esteban José Martínez e Gonzalo López de Haro exploraron a costa de Alasca ata a illa de Unalaska, marcando o oeste máis afastado que os españois xamais exploraron na rexión.[2]

Tamén en 1788, o explorador inglés James Cook visitou a illa, e o deletreou Oonalashka no seu diario.[3]

En Moscova, o 31 de maio de 1988, o Presidente Ronald Reagan, mencionou o encontro dos estadounidenses e os rusos nesta illa no século XIX como un exemplo da temperá amizade entre os Estados Unidos e Rusia.

O 8 de decembro de 2004, o buque de carga malaio Selendang Ayu embarrancou na illa de Unalaska, provocando un gran derramamento de petróleo.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "US Coast Pilot 9, Chapter 7, Aleutian Islands" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de maio de 2010. Consultado o 09 de agosto de 2017. 
  2. Hayes, Derek (1999). Historical Atlas of the Pacific Northwest: Maps of exploration and Discovery. Sasquatch Books. pp. 67. ISBN 1-57061-215-3. 
  3. Encyclopædia Britannica Third Edition, 1797 Volume 13 article Oonalashka, and Volume 5 article Cook, James.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar