Palacio Real de Bruxelas

palacio oficial dos reis belgas

O Palacio Real de Bruxelas (en neerlandés: Koninklijk Paleis van Brussel, en francés: Palais Royal de Bruxelles) é o palacio oficial do rei dos belgas, no centro da capital nacional, Bruxelas. O palacio non é usado como residencia real, xa que o rei e a súa familia viven no Castelo Real de Laeken, nas aforas de Bruxelas. O rei cumpre as súas funcións de xefe de Estado neste palacio real.

Palacio Real de Bruxelas
Fachada principal do palacio.
Edificio
EstiloNeoclásico
Localización Bélxica, Bruxelas
Coordenadas50°50′30″N 4°21′44″L / 50.841667, 4.362222Coordenadas: 50°50′30″N 4°21′44″L / 50.841667, 4.362222
PropietarioFamilia real belga
Uso(s)Despachos e visitas
Construción
Inicio1815
Remate1829
Dimensións
Altura5 andares
Superficie33 027 m²
Equipo
Arquitecto(s)1815-1829: Ghislain-Joseph Henry, Charles Vander Straeten, Tilman-François Suys

1865: Alphonse Balat

1903: Henri Maquet
editar datos en Wikidata ]

O palacio atópase ao sur do Parque Real, na parte alta da cidade de Bruxelas. Por outro lado, enfrontado ao Palacio atópase o Parlamento Federal de Bélxica. Estes dous edificios representan a forma de goberno en Bélxica: a monarquía constitucional.

Historia editar

A construción do Palacio Real comezou a principios do século XIX a mans de Guillerme I, rei dos Países Baixos. Durante o reinado de Leopoldo II o palacio sufriu moitas remodelacións e quedou como pode verse actualmente.[1] Dende 1965, o Palacio Real de Bruxselas está aberto ao público habitualmente dende o 21 de xullo (día da festa nacional) até comezos de setembro. O horario de visita é de martes a domingo de 10:30 a 17:00 horas.[2]

Galería de imágenes editar

Notas editar

  1. Wasseige, Manoëlle. Le quartier royal. 
  2. "Les expositions estivales au Palais royal ont attiré 70.000 visiteurs". Le Soir. 29 de agosto de 2022. Consultado o 20 de xaneiro de 2023.