Abrir o menú principal

Leopoldo II de Bélxica

Leopoldo II, nado en Bruxelas o 9 de abril de 1835 e finado en Laeken o 17 de decembro de 1909, foi o segundo rei dos belgas. Era o segundo fillo do rei Leopoldo I, a quen sucedeu en 1865, permanecendo rei ata a súa morte. Foi irmán da emperatriz Carlota de México e curmán da raíña Vitoria I do Reino Unido.

Leopoldo II de Bélxica
Leopold ii garter knight.jpg
Nacemento9 de abril de 1835
 Bruxelas-Capital
Falecemento17 de decembro de 1909
 Laeken
Causahemorraxia cerebral
SoterradoChurch of Our Lady of Laeken
NacionalidadeBélxica
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónmonarca
PaiLeopoldo I de Bélxica
NaiLuísa Maria d'Orleães
CónxuxeMaria Henriqueta da Áustria
FillosLuísa Maria da Bélgica, Leopoldo, Duque de Brabante, Estefânia da Bélgica, Clementina da Bélgica, Lucien Philippe Marie Antoine Delacroix Durieux e Philippe Henri Marie Francois Delacroix Durieux
IrmánsCarlota de México, Filipe, conde de Flandres e Luís Filipe, Príncipe Herdeiro da Bélgica
PremiosGran cruz da Lexión de Honor, Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Orde da Aguia Negra, Grand Cross of the Order of Leopold II, Grand Cross of the Order of the Crown, Knight Grand Cross of the Order of St. Olav‎, Knight Grand Cross in the Order of the Holy Sepulchre, Knight Grand Cross in the Order of the Netherlands Lion, Grand Cross of the Order of the Southern Cross, Grand Cross of the Order of Saint-Charles, Order of Saint Anna, 1st class, Order of the White Eagle, Ordem de Santo Alexandre Nevsky, Orde da Estrela de Romanía, Ordem de Santo André, Ordem da Águia Vermelha, 1.ª classe, Orde Suprema do Crisantemo con colar e Gran Cruz da Orden de Carlos lll
1900 signature of Leopold II of Belgium.jpg
editar datos en Wikidata ]

O réxime da colonia africana de Leopoldo II, o Estado Libre do Congo, tornouse un dos escándalos internacionais máis infames da virada do século XIX. O Informe de Casement, de 1904, escrito polo cónsul británico Roger Casement, levou á cadea e á punición de oficiais brancos que foran responsábeis de matanzas a sangue frío durante unha expedición de recolección de caucho en 1903 (incluíndo un individuo belga de que matase a tiros polo menos 122 congoleses).

O Estado Libre do Congo inclúe unha área enteira hoxe coñecida pola República Democrática do Congo. Amigo de Henry Morton Stanley, o rei pediulle que o axudase a dar entrada á petición do territorio. El administrouno como a súa posesión privada, considerándose un empresario astuto, tendo pasado unha semana en Sevilla a estudar os rexistros españois do seu comercio coas súas colonias de América Latina.

CasamentoEditar

O día 22 de agosto de 1853, en Bruxelas, Leopoldo II desposou a arquiduquesa Maria Henriqueta de Austria (1836-1902). Tiveron catro fillos:

Leopoldo II, era tamén pai de dous fillos ilexítimos, Lucien Philippe Marie Antoine (1906-1984) e Philippe Henri Marie François (1907-1914). A nais deles era Blanche Zélia Josephine Delacroix (1883-1914), tamén coñecida como Caroline Delacroix, unha prostituta que casou co rei en decembro de 1909, nunha cerimonia relixiosa sen validez pola lei belga. Houbo outra cerimonia cinco días antes da morte de Leopoldo II, no Castelo Real de Laeken[1]. En 1910, os dous fillos foron adoptados polo segundo esposo de Delacroix, Antoine Durrieux.

Dise que Leopoldo II foi cliente da casa de sadomasoquistas "Rose Cottage", de Mary Jeffries, en Hampstead, un suburbio de Londres[2].

Intento de asasinatoEditar

O día 15 de novembro de 1902, ao final da cerimonia en memoria da falecida consorte de Leopoldo II, o anarquista italiano Gennaro Rubinno intentou asasinar o rei, que estaba nunha carruaxe. Disparou tres tiros, mais todos errados. Rubinno foi detido inmediatamente.

ReinadoEditar

Leopoldo II deu énfase á defensa militar como base da neutralidade de Bélxica, pero non foi capaz de obter a lei de conscripción. A pesar de ser impopular, Leopoldo II é lembrado polo pobo belga como "o rei construtor" (Koning-Bouwer en flamengo e le Roi-Bâtisseur en francés), porque fixo construír un gran número de edificios e proxectos públicos, principalmente en Bruxelas, Oostende e Antuerpen.

Entre as construcións están as estufas reais nos terreos do Castelo de Laeken, a Torre xaponesa, o Pavillón chinés, o Museo do Congo en Tervuren (hoxe chamado Museo Real de África Central), o Cinquantenaire e a estación de tren de Antuerpen. Tamén construíu a Villa des Cedres en Saint-Jean-Cap-Ferrat, na Riviera francesa, que é un xardín botánico no presente.

Tales construcións foron todas realizadas con diñeiro procedente do Estado Libre do Congo, que lle fora enregado no Conferencia de Berlín (1884-1885) sobre o repartimento de África.

En 1900, doou a maior parte das súas propiedades á nación belga.

O autor e xornalista estadounidense Adam Hochschild, no seu libro King Leopold's Ghost, escribiu que houbo un "grande esquecemento" despois de que o rei trasladou a posesión da súa colonia a Bélxica. Hochschild recorda que, na súa visita ao Museo Real de África Central na década de 1990, non se mencionaba nada a respecto das atrocidades cometidas no Estado Libre do Congo. Outro exemplo dado por Hochschild é o monumento, en Blankenberge, dun colono a "traer a civilización" a un neno negro aos seus pés, ilustrando máis o "grande esquecemento".

MorteEditar

Leopoldo II morreu aos setenta e catro anos de idade, e o seu corpo foi enterrado na cámara mortuaria real, da Igrexa da Nosa Señora, no Cemiterio de Laeken.

NotasEditar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2009. Consultado o 20 de outubro de 2009. 
  2. In London: The Wicked City, Fergus Linnane (Robson Books 2003) pp. 297–8

Ligazóns externasEditar

Reis dos Belgas

Segue a:
Leopoldo I de Bélxica
Leopoldo II de Bélxica
Precede a:
Alberte I de Bélxica
Saxonia-Coburgo e Gotha