Henry Morton Stanley

Sir Henry Morton Stanley, nado en Denbigh (Gales) o 28 de xaneiro de 1841 e finado en Londres o 10 de maio de 1904, foi un explorador e periodista galés nacionalizado estadounidense famoso polas súas expedicións na daquela ignota África central, nunha das cales atopou ao desaparecido David Livingstone.

Henry Morton Stanley
Hw-stanley.jpg
Nome completoJohn Rowlands
Nacemento28 de xaneiro de 1841
Lugar de nacementoDenbigh, Gales Gales
Falecemento10 de maio de 1904 (63 anos)
Lugar de falecementoLondres, Inglaterra Inglaterra
SoterradoSurrey
NacionalidadeGales e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Ocupaciónexplorador, xornalista
CónxuxeDorothy Stanley
FillosDenzil Stanley
PremiosCabaleiro gran cruz da Orde do Baño, Medalha Vega, Patron’s Medal e Grande Médaille d'Or des Explorations
Na rede
Musicbrainz: b2b2e0f6-60fc-4332-b03b-79320682b290 Discogs: 3942942 WikiTree: Rowlands-137 Find a Grave: 1342 Editar o valor em Wikidata
Appletons' Stanley Henry Morton signature.png
editar datos en Wikidata ]

Primeiros anos de vida e o seu traslado aos Estados UnidosEditar

Stanley naceu en Denbigh, País de Gales, cando a súa nai, Elizabeth Parry, tiña 19 anos. Segundo o seu certificado de nacemento era fillo ilexítimo e o estigma da ilexitimidade supuxo unha pesada carga para el, durante toda a súa vida. Tivo unha infancia chea de maltratos e de loita pola súa existencia, foi criado polo seu avó ata a idade de cinco anos. Cando este morreu, viviu durante un curto período con algúns curmáns e sobriños maternos, pero pouco despois foi enviado a St. Asaph Union Workhouse, institución de acolleita para pobres, onde o hacinamiento e a falta de control daban lugar a frecuentes abusos dos mozos maiores e dos reitores da institución. Cando tiña dez anos, a súa nai e dous irmáns permaneceron durante un tempo nesta institución, sen que Stanley soubesen quen eran. Alí permaneceu ata os quince anos, momento en que foxe da institución e marcha á súa aldea natal. Aquí completa unha educación elemental e colabora como axudante de profesor nunha escola nacional. En 1859, é contratado no porto de Liverpool, no barco Windermeer, con rumbo a Nova Orleáns. No barco tamén sofre unha dura travesía, que o leva a saltar a terra en canto avistan Nova Orleáns, sen esperar a cobrar os seus xornais pendentes.

En Nova Orleáns, tomou o apelido Stanley ao ser adoptado por un comerciante norteamericano, participou na Guerra Civil Americana.

Ao finalizar a guerra, comezou a súa carreira como xornalista, escribindo como correspondente desde o oeste americano. En 1868 acompañou como cronista ás tropas británicas a Abisinia, na expedición que realizaban os ingleses contra o Negus Teodoro II de Etiopía, máis tarde emprendeu expedicións ao Imperio otomán, visitando Grecia, Esmirna, Beirut e Alexandría; tamén é enviado a España, onde presencia a guerra carlista e asiste á caída da raíña Isabel II e aprende un perfecto español..[1]

NotasEditar

  1. Morales Padrón, Francisco (1959). Planeta, ed. Henry Morton Stanley, (Forjadores del mundo contemporáneo) (en castelán). 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar