Alberte I de Bélxica

Alberte I, nado en Bruxelas o 8 de abril de 1875 e finado en Marche-les-Dames o 17 de febreiro de 1934) foi o terceiro rei dos Belgas.

Alberte I de Bélxica
Albert I of Belgium 1910.jpg
Rei de Bélxica
Período23 de decembro de 1909 - 17 de febreiro de 1934
AntecesorLeopoldo II
SucesorLeopoldo III
Datos persoais
Nacemento8 de abril de 1875
 Bruxelas
Falecemento17 de febreiro de 1934
 Bruxelas
PaiFilipe, conde de Flandres
NaiMaria Luísa de Hohenzollern-Sigmaringen
CónxuxeMaría de Hohenzollern-Sigmaringen
FillosLeopoldo III de Bélxica, Carlos, conde de Flandres e Marie José of Belgium
RelixiónIgrexa católica
Signature - Albert Ier - Roi des Belges (1926).svg
Na rede
IMDB: nm0454365 Musicbrainz: 31964109-e95d-4190-9c34-34e57090cc41 WikiTree: Sachsen-Coburg_und_Gotha-33 Find a Grave: 5355 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Nado Albert Léopold Clément-Marie Meinrad, era o fillo máis novo do conde de Flandres e sucedeu o seu tío paterno, Leopoldo II, ao trono. O seu avó, Leopoldo I, foi o primeiro rei dos belgas. A súa tía, Carlota, a primeira princesa de Bélxica, foi tamén a emperatriz de México.

Coa morte do seu irmán, o príncipe Balduíno de Bélxica, en 1891, Alberto converteuse no terceiro na liña de sucesión ao trono. El foi herdeiro presunto do trono belga despois da morte do seu pai, en 1905.

En decembro de 1909, o rei Leopoldo II morreu, facendo de Alberte, aos trinta e catro anos de idade, o novo monarca.

Durante a primeira guerra mundial, Alberte I asumiu o mando do exército belga para defender o seu país da invasión alemán, resistindo até o Reino Unido e a Francia se prepararen para a primeira Batalla do Marne, en setembro de 1914.

"Eu goberno unha nación, e non unha estrada", dixo o rei en resposta aos alemáns, que desexaban mover os seus soldados a través de Bélxica. Levou o seu exército ao asedio de Antuerpen e á batalla de Yser.

Ao final da guerra, retornou ao seu territorio como comandante do Grupo Flandres, que consistía en divisións belgas, inglesas e francesas. Foi saudado en Bruxelas como un heroe nacional.

Premios e distinciónsEditar

Foi nomeado doutor honoris causa en Leis pola Universidade Católica de América en 1919.

Reis dos Belgas

Segue a:
Leopoldo II de Bélxica
Alberte I de Bélxica
Precede a:
Leopoldo III de Bélxica
Saxonia-Coburgo e Gotha

 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.