Condado de Tyrone

Condado de Tyrone
Tyrone County
Flag of county Tyrone.svg Tyrone arms 3d.svg
Bandeira Escudo
Mapa
NorthernIrelandTyrone.png
Información
País Irlanda do Norte
Provincia Ulster
Capital Omagh
Superficie 3.155 km2
Poboación 166.516 (2002)
ISO 3166-2

O Condado de Tyrone (Contae Tír Eoghain en irlandés, Coontie Owenslann en escocés do Ulster[1]) é o maior dos seis condados de Irlanda do Norte, un dos condados tradicionais da illa de Irlanda, que se localiza na provincia do Ulster.

Posúe unha área de 3,155 km² e é o sétimo dos 32 condados irlandeses en tamaño e o oitavo por poboación[2]. É o segundo máis grande dos 9 condados da provincia do Ulster e o cuarto por poboación.

A capital de Tyrone é Omagh. Castlederg e Coalisland son outras poboacións importantes. Antigamente Tyrone chegaba até o Lago Foyle, no norte, incluíndo parte do actual Condado de Londonderry.

Divídese en catro distritos:

TopónimoEditar

O nome Tyrone provén do irlandés Tír Eoghain ("terra de Eógan"). Eógan/Eoghan era fillo do rei Niall Noígíallach, e irmán de Conall Gulban, quen lle deu o seu nome ao reino de Tír Chonaill.[3]

NotasEditar

  1. Rathgannon Sooth Owenslann Burgh Cooncil. "Oor Burgh" (en escocés). Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2013. Consultado o 21-12-09. 
  2. Eoghan Corry (2005). The GAA Book of Lists. Hodder Headline Ireland. pp. 186–191. 
  3. "Descrición do condado de Tyrone en Atlas and Cyclopedia of Ireland (1900)". Library Ireland. Consultado o 24 decembro 2009. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar