Lago Neagh
O lago Neagh (en irlandés: Loch nEathach, en scots: 'Loch Neagh', en inglés: Lough Neagh) é o meirande lago de auga doce da illa de Irlanda e tamén do conxunto das illas Británicas. O seu nome provén do irlandés loch nEachach, que significa "lago de Eachaidh", aínda que hoxe en día escríbese loch nEathach en irlandés moderno[1]. O lago é propiedade do conde de Shaftesbury.
Lago Neagh Loch nEathach (en irlandés) Loch Neagh (en escocés do Ulster) | |
---|---|
O lago Neagh dende o espazo. | |
Localización | Irlanda do Norte |
Coordenadas | 54°37′06″N 6°23′43″O / 54.61833, -6.39528Coordenadas: 54°37′06″N 6°23′43″O / 54.61833, -6.39528 |
Superficie | 392 km² |
Lonxitude | 30 km (máximo) |
Ancho | 15 km (máximo) |
Profundidade | 25 m |
Prof. media | 9 m |
Afluentes | Río Upper Bann, río Six Mile Water, río Glenavy, río Crumlin, río Blackwater, río Moyola, río Ballinderry e río Main |
Desaugues | río Bann |
Xeografía
editarAtópase a 30 km ao oeste de Belfast e mide un máximo 30 km de longo e 15 km de ancho. Con 392 km² é décimo quinto lago de auga doce por superficie da Unión Europea e o trixésimo primeiro de Europa. A pesar do seu tamaño é moi pouco profundo, xa que a súa profundidade media é de tan só 12 metros e a máxima de 25 metros[2].
Condados
editarCinco dos seis condados de Irlanda do Norte teñen costa no lago (o único que non é o condado de Fermanagh), e a súa área repártese tamén entre eles. Os condados son os seguintes:
Notas
editar- ↑ Deirdre Flanagan e Laurance Flanagan (1994). Gill & Macmillan Ltd, ed. Irish Placenames.
- ↑ "Lough Neagh". Consultado o 12 de marzo de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lago Neagh |
A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |
Bibliografía
editar- Wood, R.B.; Smith, R.V., eds. (1993). Lough Neagh: The Ecology of a Multipurpose Water Resource. Monographiae Biologicae 69. Springer. ISBN 9780792321125.