O río Bann (River Bann en inglés, en gaélico irlandés an Bhanna, posiblemente proveniente de an bhan-abha, "o río branco"[1]) é o maior río de Irlanda do Norte, cunha lonxitude total de 129 km. O río nace na esquina sueste de Irlanda do Norte[2] fluíndo cara á costa noroeste,[3] deténdose no medio do camiño para formar o gran lago Neagh. Segundo C.Michael Hogan, o val do río Bann é a área de asentamento dos primeiros humanos tras a fin da última glaciación.[4] O río xogou un papel importante na industrialización do norte de Irlanda, especialmente coa industria do liño. Hoxe en día, a pesca do salmón e a anguía é a principal atracción económica do río. O río é a miúdo empregado para dividir Irlanda do Norte nunha zona oeste e leste. As poboacións, concellos e empresas do "oeste do Bann" son vistos a miúdo como que teñen menos investimento por parte do goberno que os outros do leste.[5] Tamén se pode ver como unha división política e relixiosa, alén da económica, con católicos, nacionalistas e republicanos sendo maioría no oeste, e protestantes e unionistas sendo maioría no leste, sendo o oeste máis rural que o leste, onde se atopa o Gran Belfast, capital industrial e financeira, ademais da da propia Irlanda do Norte.[6][7]

Río Bann
PaísIrlanda Irlanda
NacementoMontañas Mourne
Lonxitude129 km
Ríos de Irlanda

A área de captación do lago Neagh ocupa o 43%[8] do terreo de Irlanda do Norte, así como algunhas áreas limítrofes da República de Irlanda. A Rivers Agency controla o nivel da auga do lago empregando unha presa en Toome. O actual plan de drenaxe foi enxeñado por Percy Shepherd e foi permitido pola Acta de Navegación e Drenaxe no lago Neagh e o Bann Baixo de Irlanda do Norte de 1955.[9]. O nivel das augas anda entre os 12,45 metros e 12,6 metros sobre a Ordnance Datum, como define o plan de 1955 (como tamén a emenda de 2004).[10].

Bann alto editar

O Bann superior esténdese desde as Montañas Mourne, no Condado de Down, até o Lough Neagh en Bannfoot, Condado de Armagh. Este treito é moi propicio para á pesca. Preto de Portadown, conéctase co agora en desuso Canal de Newry, que antano vertía as súas augas cara ao sur no Mar de Irlanda.

Bann baixo editar

 
Vista do Río Bann en Coleraine

O Bann inferior vai desde o Lough Neagh en Toome até o océano Atlántico en Portstewart. Posúe 51 km de lonxitude e é unha canle con cinco esclusas, en Toome, Portna, Movanagher, Carnroe e Castleroe. No río é habitual ver deportistas, pescadores e barcos, cun tráfico comercial escaso. Actúa facendo fronteira entre os condados de Antrim e Londonderry. O único porto comercial do río é o de Coleraine.

O nivel da auga do Bann baixo está controlado pola Rivers Agency, que emprega as comportas situadas en Portna (preto de Kilrea) e The Cutts en Coleraine.[8]

Notas editar

  1. Placenames Database of Ireland
  2. 54°10′01″N 6°04′59″O / 54.167, -6.083
  3. 55°09′47″N 6°46′05″O / 55.163, -6.768
  4. C.Michael Hogan. 2011. Celtic Sea. eds. P.Saundry & C.Cleveland. Encyclopedia of Earth. National Council for Science and the Environment. Washington DC.
  5. BBC News
  6. Register Of Research On Northern Ireland 1993 Edition, CAIN web service
  7. "Strabane Chronicle". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2008. Consultado o 06 de xuño de 2012. 
  8. 8,0 8,1 "Rivers Agency Website". Lough Neaghwater level maintenance. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2012. Consultado o 6 de xuño de 2012. 
  9. "legislation.gov.uk". Lough Neagh and Lower Bann Drainage and Navigation Act (Northern Ireland) 1955. Consultado o 6 de xuño de 2012. 
  10. "legislation.gov.uk" (PDF). Lough Neagh (Levels) Scheme (Confirmation) Order(Northern Ireland) 2004. Consultado o 6 de xuño de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar