Condado de Dublín

Condado de Dublín
Contae Bhaile Átha Cliath
Flag of county Dublin.svg Dublincocoarms.png
Bandeira Escudo
Mapa
IrelandDublin.png
Información
País Flag of Ireland.svg República de Irlanda
Provincia Flag of leinster.png Leinster
Capital Coat of arms of Dublin.png Dublín
Superficie 921 km2
Poboación 1,122,821 (2002)
Código D
dra.ie

O Condado de Dublín (en irlandés: Contae Bhaile Átha Cliath, en inglés: County Dublin) é unha antiga subdivisión administrativa de Irlanda que existiu na provincia de Leinster dende a formación dos condados de Irlanda, pasando polo seu recoñecemento oficial en 1898, ata a súa extinción e o desmembramento do seu territorio polo Dáil Éireann en 1994.

Ademais da cidade de Dublín, que xa tiña status administrativo especial dende 1898 e se lle pode considerar un condado de pleno dereito (county-borough), foron creados tres novos condados para fins administrativos en 1994: Fingal ó norte, Dublin meridional ó suroeste e Dun Laoghaire-Rathdown ó sueste.

O condado de Dublín permanece como un condado tradicional, a pesar de non posuír funcións administrativas, é xeralmente respectado para outros fins, principalmente culturais e deportivos.