Condado de Wicklow
O condado de Wicklow (en gaélico irlandés Contae Chill Mhantáin) é un condado da provincia de Leinster (República de Irlanda), dentro da rexión Medio-Leste. O seu nome provén do pobo de Wicklow, que deriva do antigo nórdico Víkingalág ou Wykynlo. Está situado ao sur do condado de Dublín.
Contae Chill Mhantáin (ga) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Irlanda | ||||
Provincias | Leinster | ||||
Capital | Wicklow - Cill Mhantáin | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 142.332 (2016) (70,22 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.027 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | office of the Cathaoirleach of Wicklow County Council (en) | ||||
Órgano lexislativo | legislative body of Wicklow County Council (en) Circunscrición: 5, (Escano: 32) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | IE-WW | ||||
Páxina web | wicklow.ie |
A capital do condado é Wicklow (9.355 habitantes), aínda que a cidade máis grande é Bray (30.951 habitantes). Outras cidades importantes son Greystones (11.913 habitantes) ou Arklow (9.993 habitantes).
Xeografía
editarWicklow é coloquialmente coñecido como o Condado Xardín.[1] É do décimo sétimo maior dos 32 condados de Irlanda por área e o 17º por poboación.[2] É o cuarto dos 12 condados de Leinster por tamaño e o quinto por poboación.
Poboacións
editar- Aghavannagh
- Annamoe
- Arklow
- Ashford
- Aughrim
- Avoca
- Ballinaclash
- Ballinakil
- Ballycoogue
- Baltinglass
- Blessington
- Bray
- Brittas Bay
- Carnew
- Coolafancy
- Coolboy
- Coolkenno
- Delgany
- Donard
- Dunlavin
- Enniskerry
- Glencree
- Glendalough
- Glenealy
- Grangecon
- Greenan
- Greystones
- Hollywood
- Kilbride
- Kilcoole
- Killincarrig
- Kilmacanogue
- Kilpedder
- Kiltegan
- Knockananna
- Lacken
- Laragh
- Manor Kilbride
- Meeting of the Waters
- Newcastle
- Newtownmountkennedy
- Poulaphouca
- Rathnew
- Rathdrum
- Redcross
- Roundwood
- Shillelagh
- Stratford-on-Slaney
- Tinahely
- Valleymount
- Wicklow
- Woodenbridge
Xeoloxía
editarA cordilleira das Montañas Wicklow é a maior rexión elevada continua de Irlanda. O pico máis alto desta serra, Lugnaquilla, acada os 925 metros, sendo o segundo maior cumio de Irlanda, tras Carrauntoohil, en Kerry. O Camiño de Wicklow é a ruta longa sinalada máis antiga de Irlanda, atraendo a día de hoxe xente á area para practicar sendeirismo, así como pesca e rafting. Tamén no camiño se atopa o conxunto monacal de Glendalough, que se cre fundado por St. Kevin, actualmente polo de atracción turística; así como a fervenza de Powerscourt, a maior cachoeira de Irlanda.
A área montañosa está formada principalmente por granito, cunha zona marxinal de micaxistos, producida por contacto con estrato silúrico.
Litoral
editarA costa atópase no leste do condado e ten uns 60 km desde Bray até Arklow. Consiste nunha serie de numerosas pequenas baías con praias de area, a miúdo con dunas, como por exemplo Brittas Bay. Os principais cabos son Wicklow Head, Ardmore Point, Bray Head and Mizen Head, que non confundir co de Cork. Bray Head é especial en Irlanda, pois é cruzado por unha liña de tren que pasa xusto ao lado dos cantís, que xa tivo que ser reaxustada varias veces debido á erosión do mar.
Hidroloxía
editarEntre os ríos de Wicklow destacan o Avoca, o Liffey e o río Vartry, que flúe a través do Val do Demo (Devil's Glen) até a súa foz ao norte de Wicklow. A confluencia dos ríos Avonmore e Avonbeg coñécese como "o encontro das augas" (the meeting of the waters); e a combinación resultante, coñecida como o río Avoca, despois de recoller a auga do río Aughrim, vai até o Mar de Irlanda en Arklow. O río Slaney atópase do occidente do condado, facendo fronteira co condado de Carlow. Neste condado atópase a central hidroeléctrica reversible de Turlough Hill, un importante proxecto de enxeñaría civil feito nas décadas dos 1960 e 1970. O primeiro parque eólico en mar a fóra de Irlanda atópase ante as costas de Arklow. Os lagos son pequenos pero numerosos, localizados principalmente en vales de montaña e circos glaciares. Exemplos destes son Lough Dan, Lough Tay, Lough Brae, os lagos de Glendalough como tamén o pantano de Poulaphouca (o maior en volume).
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2012. Consultado o 09 de xuño de 2012.
- ↑ Corry, Eoghan (2005). Hodder Headline Ireland, ed. The GAA Book of Lists. pp. 186–191. ISBN 0-340-89695-7.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Condado de Wicklow |