Gwynedd
Gwynedd é un condado de Gales creado en 1974 pola Local Government Act de 1972. A súa capital é Caernarfon. É o fogar da Universidade de Bangor.
Gwynedd | ||
---|---|---|
| ||
Estado | Reino Unido | |
Capital | Caernarfon | |
• Poboación | n/d | |
Linguas oficiais | galés, inglés | |
• Total | 2548 km² | |
• % auga | n/d | |
• Total (2004) | 118110 hab. | |
• Densidade | 46 hab./km² | |
Código ISO | GB-GWN | |
XeografíaEditar
Ten unha extensión de 2.548 km². Abarca o territorio dos antigos condados de Carnavon, Anglesey, Merioneth, o distrito rural de Edeyrnion e algunhas parroquias de Denbigh: Llanrwst, Llanstaffraid Glan Conwy, Eglwysbach, Llanddoged e Tir Ifan.
DemografíaEditar
Ten unha poboación de 118.110 habitantes segundo o censo de 2004 (densidade 46 h/km²).
PolíticaEditar
O partido máis votado da comarca é Plaid Cymru.
LinguaEditar
Segundo as cifras de 2001, o número de falantes de galés no concello era de 78.773 (67,3%).
HistoriaEditar
Véxase Reino de Gwynedd
Atraccións turísticasEditar
Puntos de interese turístico destacado son Portmeirion, as covas de lousa de Llechwedd e os castelos de Caernarfon, Penrhyn e Harlech.[1] A casa natal de T. E. Lawrence, que inspirou Lawrence de Arabia, atópase en Gwynedd, e aínda que é propiedade privada recibe continuas visitas. O bar do albergue está decorado con camelos e motivos referentes a el.[2] O bardo Hedd Wyn, tamén naceu nunha aldea de Gwynedd. A súa casa natal recibiu un premio británico pola súa conservación. Recibe visitantes e construíuse un centro de exposicións para remarcar o impacto da guerra na comunidade.[3]
NotasEditar
- ↑ "North Wales Live - Latest North Wales news, sport, what's on and business". northwales (en inglés). Consultado o 2022-08-13.
- ↑ "Lawrence home is hot property" (en inglés). 2002-03-07. Consultado o 2022-08-13.
- ↑ "Hedd Wyn: Yr Ysgwrn house wins RICS conservation award". BBC News (en inglés). 2018-11-03. Consultado o 2022-08-13.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gwynedd |
Ligazóns externasEditar
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |