Portmeirion
Coordenadas: 52°55′04″N 4°05′35″O / 52.91778, -4.09293
Portmeirion é unha popular vila turística de Gwynedd, Gales. Foi deseñada e construída por Sir Clough Williams-Ellis entre 1925 e 1975 seguindo o estilo das vilas italianas, e hoxe é propiedade dunha causa benéfica.
Portmeirion | |
---|---|
![]() | |
Vista da praza central de Portmeirion | |
Localización | |
País | ![]() |
Nación Constituínte | ![]() |
Rexión | Gwynedd |
Concello | Penrhyndeudraeth |
Outros datos | |
Páxina oficial |
A vila está localizada no concello de Penrhyndeudraeth, no estuario do Río Dwyryd, a 2 km ó sueste de Porthmadog, e a 1 km da estación de tren de Minffordd. Portmeirion serviu como localización de numerosos filmes e series de televisión, sendo coñecida por ser escenario de "The Village" no programa de televisión de 1960 The Prisoner.
Historia Editar
Malia as abondosas opinións que din que o lugar está baseado na vila de Portofino, en Italia, o creador de Portmeirion, Sir Clough Williams-Ellis, rexeita a atribución directa, afirmando que nada máis quixo facer homenaxe á atmosfera do Mediterráneo. Porén, nunhas declaracións, aludiu ó porto italiano dicindo:
Como non me había namorar de Portofino? A súa imaxe quedou en min coma un exemplo practicamente perfecto de embelecemento humano e uso dun lugar exquisito...Sir Clough Williams-Ellis
Williams-Ellis deseñou e construíu a vila entre 1925 e 1975. Empregou anacos das demolicións doutros edificios, algúns dos cales, feitos por outros arquitectos distinguidos. Esta arquitectura de bricolaxe e a súa nostalxia deliberada contribuíron ó desenvolvemento do posmodernismo na arquitectura de finais de século XX.
O corpo principal do hotel e das casiñas chamadas White Horses, Mermaid e The Salutation[nota 1] formaron parte dun gran terreo de nome Aber Iâ (galés, Estuario de Xeo), de mediados dos anos 1850, nunha zona onde houbo unha fundición e uns pequenos estaleiros. O arquitecto, Williams-Ellis cambiou o nome da zona polo de Portmeirion —porto por estar na costa, Meirion polo condado de Mirionnydd, onde se situaba daquela.[1]
No ano 1931, Williams-Ellis mercoulle ó seu tío, Sir Osmund Williams, a mansión vitoriana "Castelo Deudraeth" coa intención de incorporala ó complexo hoteleiro de Portmeirion, pero non puido facelo por mor da segunda guerra mundial. Williams-Ellis considerou sempre que o castelo era o edificio máis grande e maxestoso da Propiedade Portmeirion, e encargouse de adquirilo. Finalmente, con subvenciones da fundación cultural da lotaría británica[nota 2], o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e a oficina de turismo de Gales, o castelo Deudraeth abriu no 2001 coma un hotel, con 11 habitacións e restaurante.
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Portmeirion |
Ligazóns externas Editar
- Páxina oficial (en inglés) e (en galés)