Coordenadas: 53°13′N 04°07′O / 53.217, -4.117


Bangor é unha vila do norte de Gales, pertencente ao condado de Gwynedd. En 2008 tiña 21735 habitantes. É sé episcopal, e sede da Universidade de Bangor.

Bangor, Gales
Bangor
Localización
Bangor en Gales
Bangor
Bangor
País Reino Unido
Nación ConstituínteGales Gales
CondadoGwynedd
Demografía
Poboación21735 hab. (2008)
Outros datos
Código postalLL57

Historia Editar

 
Catedral.

A vila ten a súa orixe na construción dun mosteiro polo monxe cristián Deiniol a mediados do século VI. O topónimo Bangor provén dun termo galés referido a un tipo de cercado, como o que había orixinalmente no lugar do cenobio. Nese lugar atópase a actual catedral, que tivo diversas reformas ao longo da historia. A diocese de Bangor é unha das máis antigas de Gran Bretaña. En 1557 fundouse Ysgol Friars, a Escola dos Frades.

En 1718 comezou a medrar ao pasar pola vila a ruta postal entre Londres e Dublín, que pasaba tamén por Porthaethwy. Medrou tamén ao construírse unha liña de ferrocarril entre Bethesda e Penrhyn, onde se abriu unha canteira de lousa. A mediados do século XIX Bangor era a cidade máis importante do norte de Gales.

Xeografía Editar

Está situado fronte á illa de Anglesey (Ynis Môn en galés).

Cultura Editar

A Universidade de Bangor foi fundada en 1884.

O 46,7% da poboación fala lingua galesa.

Galería de imaxes Editar