Douglas, Illa de Man

Capital da Illa de Man

Douglas (en manx: Doolish) é a capital e meirande cidade da Illa de Man, cunha poboación de 28.939 persoas (2011). Está localizada na desembocadura do río Douglas, nunha baía de 3 km. O río Douglas forma parte do peirao da cidade e do principal porto comercial.

Modelo:Xeografía políticaDouglas, Illa de Man
Doolish (gv) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 54°09′00″N 4°28′39″O / 54.15, -4.4775Coordenadas: 54°09′00″N 4°28′39″O / 54.15, -4.4775
Dependencia da Coroa británicaIlla de Man
Sheading (en) TraducirMiddle (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación27.938 (2011) Editar o valor em Wikidata
Creación1670 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postalIM1 / IM2 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico01624 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webdouglas.im Editar o valor em Wikidata

Douglas era un pequeno asentamento ata o seu rápido crecemento como resultado da conexión co porto inglés de Liverpool no século XVIII. Ademais, o crecemento da poboación viuse favorecido pola industrialización do lugar no século seguinte. Como consecuencia disto, o goberno da illa, o Tynwald, foi trasladado en 1869 a Douglas dende Castletown. Os Tribunais Superiores tamén están na capital.

Douglas é o núcleo principal das actividades da illa, sendo a base para as empresas, finanzas, servizos legais, a pesca, o transporte e o entretemento. O TT Illa de Man de motociclismo comeza e remata en Douglas.

Historia editar

Historia temperá editar

A falta de datos arqueolóxicos, as orixes da cidade poden revelarse mediante a análise do patrón das rúas orixinais e o patrón da trama. O descubrimento dunha arma bronce no centro de Douglas,[1] e o gran tesouro viquingo de Ballaquayle[2] nos arredores, ambos na década de 1890, deixan entrever a importancia inicial do sitio agora ocupado por Douglas. Os investigadores coinciden en que o nome da cidade deriva do celta temperá "Duboglassio" que significa "río negro".[3] A Douglas faise referencia dúas veces na Chronicle of the Kings of Man and the Isles (Crónica dos reis de Man e das illas): primeiro en 1192, cando os monxes da Abadía de Santa María en Rushen foron trasladados alí por unha estadía de catro anos, de novo en 1313, cando o rei de Escocia Robert the Bruce pasou a noite no "mosteiro de Duglas" no seu camiño para apoderarse do castelo de Rushen.[4] Estas poden ser referencias ao sitio do Nunnery posterior, un pouco augas arriba do porto.

A primeira documentación detallada amosa que en 1511[5] só había trece fogares residentes no asentamento agrupado ao norte do porto, a maior parte das propiedades alí estaban clasificadas como "cámaras"[6] (estruturas desocupadas, sen calefacción, unicelulares) polas que pagaban alugueres os non residentes, incluídos clérigos, funcionarios e propietarios de terras doutras partes da illa. Isto suxire que o núcleo da cidade se orixinou como un porto non urbano.[7] As actuais especulacións vinculan os edificios das tendas coa pesca de arenque no mar de Irlanda e co comercio de importación e exportación.

Crecemento e desenvolvemento editar

En 1681, Thomas Denton describiu a Douglas como "o lugar con máis recursos" da Illa de Man, e en 1705 xorde unha imaxe clara da cidade primitiva, con indicios de que as súas funcións residenciais, de mercado e de defensa militar estaban crecendo en importancia.[8] ao lado da instalación portuaria. A cidade prosperará nos próximos 60 anos, construíronse impoñentes casas de comerciantes, grandes almacéns, peiraos e un peirao para acoller o florecente comercio de contrabando: un dos estímulos para a expansión da cidade..[9] Tamén medraron outras formas de comercio e despois da lei Revestment Act 1765, Douglas comezou a obter os beneficios do comercio transatlántico debido en parte á cooperación a nivel local con Liverpool.[10] Os comerciantes lexítimos que se destacaron durante o período incluíron aos Murreys, os Moores e os Bacons.[10] A prosperidade posterior da cidade viuse facilitada polo baixo custo de vida, e un estatuto xurídico favorable. O crecemento e desenvolvemento inicial da cidade debeu moito ao seu porto natural (agora o porto interior), xa que se expandiu e mellorou enormemente. Durante o século XVIII, a poboación da cidade pasou de aproximadamente 800 habitantes en 1710 a case 2.500 en 1784.

Ao longo do século XIX, a demografía da cidade seguiu as mesmas tendencias que o Reino Unido, debido á Revolución Industrial. O número de visitantes de vacacións creceu a comezos do século XIX,[10] e a partir de 1870, a cidade transformouse nun centro turístico líder. Pero as condicións cada vez máis insalubres e as vivendas de mala calidade, volven a reflectir unha tendencia vista en todo o Reino Unido.[11] A rede de sumidoiros aberta, as augas residuais (vertedoiros domésticos) e o cheiro do porto en marea baixa contribuíron á inmundicia da cidade. As lámpadas de petróleo e gas apareceron por primeira vez a finais dos anos 1820 e 1830, o primeiro hospital que se incorporou ao Dispensario construíuse en 1850, e en 1832 construíuse a pintoresca Torrre do Refuxio na baía de Douglas para ofrecer refuxio e provisión para os mariñeiros que esperan rescate.[12] Douglas na primeira metade do século XIX sufría a miúdo a indixencia da súa poboación e moitas epidemias, en particular o cólera.[10]

O ascenso de Douglas como fortaleza social e económica recoñeceuse en 1869, cando se converteu na sede do parlamento da illa, Tynwald, e polo tanto na capital, un honor que anteriormente tivo Castletown , unha cidade máis pequena no sur da illa. O panorama político de Douglas tamén cambiou significativamente no século XIX, a pesar do conservadorismo dalgúns cidadáns, en 1844, por exemplo, nunha reunión pública, rexeitouse a idea dun concello a favor de manter o sistema de altos alguacís da cidade. Cando se aprobou a Lei Town Bill Act no Tynwald en 1852, a xente de Douglas rexeitou a idea. Non obstante, unha Lei aprobada máis tarde esa década, que non incluía cláusulas de renuncia, aceptousee, e en 1860, Douglas elixiu o seu primeiro consello municipal, que estaba predominantemente composto por xente de clase media. Os comisionarios da cidade podían resolver os problemas da cidade cunha maior eficiencia e en 1869 o problema das augas residuais resolvérase en gran medida.[10]

Os comisionarios tamén traballaron para alterar a anacrónica arquitectura de Douglas, construída durante a era da pesca e do comercio, xa non era accesible nin segura para os turistas. A proporción da poboación nativa total que vivía en Douglas tamén expandiuse, o 35% vivía alí en 1891. A época vitoriana e posterior modernización da cidade conseguíuse a costa do esquema orixinal de labirinto das rúas máis antigas. Estas elimináronse nos novos esquemas de rúas e os deslindes dos barrios baixos na década de 1870 a 1920. A infraestrutura da cidade modificouse radicalmente por comodidade dos turistas e en 1878 construíuse o Paseo Loch. En 1870, recibía 60.000 visitantes ao ano, en 1884, pasaron a 182.000. En 1887, 310.916 a visitaron durante o xubileu de ouro da raíña Vitoria.[10]

Enlaces marítimos editar

 
Estación Slavamento de Douglas

Os primeiros servizos de transbordador organizados xurdiron entre Douglas e Whitehaven, establecidos por William Nicholson na década de 1750.[13] As conexións eran irregulares e dependían moito das condicións meteorolóxicas. Os servizos de Steamer trouxeron unha mellora considerable, o primeiro enlace regular (en ruta entre Greenock e Liverpool) estivo dispoñible desde 1819.[14] A formación do que se converteu na Compañía de Paquebotes de Vapor da Illa de Man en 1830 levou a mellorar moito os servizos e tamén puxo as bases para o crecemento tanto no tráfico de carga como turístico.[15]

O Royal National Lifeboat Institution (RNLI) ten unha estación de salvamento en Douglas. A primeira estación de salvamento no porto creouse en 1802. En 1825 foi unha das primeiras estacións de barcos de salvamento dotada cun bote salvavidas construído a propósito, isto foi a petición de Sir William Hillary, o fundador da Institución. Non estivo operativo entre 1851 e 1868, e pechou en 1895. A estación actual, creada en 1874, opera o bote de salvamento Modelo:Lbc Sir William Hillary . Hai tres monumentos a Sir William en Douglas: un na igrexa de San Jorge onde foi enterrado en 1847, un no paseo de Loch e outro no Cabo de Douglas, preto de onde en 1832 estableceu a Torre do Refuxio.[16]

Galería de imaxes editar

 
Vista da baía en Douglas co Castelo Mona no centro.
 
Panorama da baía de Douglas ollando cara ao mar.

Notas editar

  1. P.J. Davey & others, 1999 Bronze Age Metallurgy in the Isle of Man, p. 48, in P.J. Davey (Ed.) Recent Archaeological Research in the Isle of Man. BAR Brit. Ser. 278, Archaeopress
  2. David M. Wilson, 2008, The Vikings in the Isle of Man, Aarhus U.P., p. 113
  3. Broderick, G., 2006; A Dictionary of Manx PLace-names. English Place-name Soc. ISBN 0-904889-71-8, p. 103
  4. Broderick, G. e Stowell, B., (Eds.), 1973; "Crónica de los reyes de Mann y las islas". Publicado en privado, Edimburgo. pp. 26 e 46
  5. Theophilus Talbot, 1925, The Manorial Roll of the Isle of Man, p. 32
  6. Crowe, N.G. (2001). Survey of Douglas 1. p. xvi. 
  7. Gardiner, Mark & others; Continental trade and non-urban ports in mid-Anglo-Saxon England : excavations at Sandtun, West Hythe, Kent. Archaeological Journal, 158 (2001), 161-290. ISSN 0066-5983.
  8. Crowe, N.G. (2001). Survey of Douglas 1. 
  9. Moore, A.W. (1900). History of the Isle of Man. Londres: T. Fisher Unwin. p. 436. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2013. Consultado o 7 de setembro de 2013. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 Gordon N. Kniveton; Robert E. Forster, B.A.; Robert Kelly; Stuart Slack; Frank Cowin F.R.I.C.S. (1996). Douglas Centenary 1896-1996. Manx Experience. ISBN 978-1873120217. 
  11. Clive Behagg (1991-10-03). "5: The Development of the Labour Party 1885–1902". Labour and Reform: Working Class Movements, 1815-1914 (Access to History). Hodder & Stoughton. pp. 99–103. ISBN 0-340-52930-X. 
  12. "Tower of Refuge". IOM Guide. Consultado o 2008-10-04. 
  13. Osborne, B.G.F.,2003, Manx Postal History in the 17th & 18th Century in IOM Postal History Soc. Bulletin No. 69
  14. Quayle, D., 1971, Isle of Man Steamer Services, 1819 - 1831, JMM Vol. VII, No.87, p. 181-187.
  15. Moore, A.W., 1904, History of the IOM Steam Packet Co.
  16. "RNLI - Douglas Lifeboat Station". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2015. Consultado o 30 de setembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar