Referendo escocés de 1997
- Para ver información sobre consultas anteriores, ver referendo escocés de 1979
O Referendo escocés foi unha consulta popular que se lle fixo á cidadanía escocesa o 11 de setembro de 1997 sobre o que se coñeceu como a devolución do parlamento, isto é, a creación dunha cámara lexislativa propia. O resultado foi afirmativo.
Referendo escocés de 1997 | |
---|---|
Instancia de | referendo ![]() |
Data | |
Data | 11 de setembro de 1997 ![]() |
Cronoloxía | |
Precedido por | Referendo escocés de 1979 ![]() |
Sucedido por | Referendo de independencia de Escocia de 2014 ![]() |
Localización | |
Localización | Escocia ![]() |
País | Reino Unido ![]() |
[ Wikidata ] |
Preguntas
editarO referendo escocés de 1997 era un referendo prelexislativo que tivo lugar unicamente en Escocia. O referendo foi establecido polo goberno laborista de Tony Blair, que acababa de gañar as eleccións. Era a segunda consulta que se celebraba no territorio escocés sobre a cuestión da reinstauración dun parlamento autónomo con sede en Edimburgo, despois da frustrada de 1979.
Aos escoceses e escocesas preguntóuselles daquela por dúas cuestións:
- Está vostede de acordo en que exista un Parlamento escocés?
- Está vostede de acordo en que ese parlamento teña capacidade para variar os impostos?
Posicionamentos
editar- O Partido Laborista, o Partido Nacional Escocés, o Partido Liberal-Demócrata e o Partido Verde de Escocia apoiaban o dobre si.
- O Partido Conservador apoiaba o dobre non.
Resultados
editarO resultado foi afirmativo para as dúas preguntas.
Primeira pregunta: a cámara
editarSi | Si (%) | Non | Non (%) | Participación (%) |
1.775.045 | 74,3 | 614.400 | 25,7 | 60,4 |
Segunda pregunta: os impostos
editarSi | Si (%) | Non | Non (%) | Participación (%) |
1.512.889 | 63,5 | 870.263 | 36,5 | 60,4 |
Resposta do goberno
editarEstes resultados supuñan un claro apoio á restauración da cámara lexislativa en Escocia. Ora ben, con estes mesmos resultados non se obtería tampouco o apoio que esixía a primeira das consultas, que necesitaba un 50% sobre o electorado, e non sobre o voto emitido. Aínda así, os resultados foron moito máis amplos ca en 1979.
Como consecuencia desta resposta popular, o parlamento británico aprobou a Lei de Escocia de 1998, pola que se creaba un parlamento escocés e un goberno escocés.