Idade de Bronce atlántico

(Redirección desde «Idade de Bronce atlántica»)

A Idade de Bronce atlántico[1] é un termo inda non formalmente definido.[2] Algúns consideran que o seu significado é un termo xeral para referirse ao período que abarca aproximadamente entre 1300 e 700 a. C. na costa atlántica de Europa Occidental. Outros atribúeno a un complexo cultural do período da Idade de Bronce atlántico prehistórica que se define pola cultura prevalente nesta época e localización.

Comercio

editar

A Idade de Bronce atlántico está marcada polo intercambio económico e cultural, que levou a un alto grao de semellanza entre culturas como se pode comprobar nas comunidades costeiras dende Galicia ata Escocia, incluíndo o uso frecuente de pedras como cabalos de Frisia, a construcións de castelos en cantís, ou a arquitectura doméstica caracterizada pola casas redondas.[3] Os contactos comerciais abranguían dende Suecia[4] e Dinamarca ata o mar Mediterráneo.[3] Este período estivo definido polos centros rexionais de produción de metais, unidos por un comercio marítimo regular dalgúns dos produtos. Os maiores centros estaban no sur de Inglaterra e Irlanda, noroeste de Francia, e o oeste de Iberia.[5]

Os obxectos relacionados con esta cultura foron atopados frecuentemente formando cúmulos, ou depositados en áreas rituais,[6][7] usualmente preto da auga, como en ríos, lagoas e pantanos. Entre os elementos máis destacables pertencentes a este complexo cultural, están as machadas de bronce, ás veces enterradas formando grandes cúmulos na Bretaña e Galicia, puntas de lanzas, escudos e espadas.[8] Ademais, tamén son comúns os obxectos de festexo das elites: asadores articulados, caldeiros e ganchos para a carne,[7][9] atopados entre Portugal e Escocia.[3]

A orixe da cultura celta foi atribuída a este período no ano 2008 por John T. Koch[10] e apoiada por Barry Cunliffe,[11] os cales argumentaron que o desenvolvemento do celta debíase a que era unha lingua franca atlántica, que máis tarde se espallaría polo resto de Europa,[7] pero esta teoría contradí a máis aceptada orixe dos celtas na cultura de Hallstatt.

Idade de Bronce atlántico
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para idade.
  2. Brandherm, Dirk (2014). "Almost lost between the lines: The concept of the Atlantic Bronze Age" (PDF). Queen's University Belfast Research Portal. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Cunliffe, Barry (1999). "Atlantic Sea-ways" (PDF). Revista de Guimarães. Especial (I): 93–105. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 24 de xaneiro de 2014. 
  4. Johan Ling, Zofia Stos-Gale, Lena Grandin, Kjell Billström, Eva Hjärthner-Holdar, Per-Olof Persson, Moving metals II: provenancing Scandinavian Bronze Age artefacts by lead isotope and elemental analyses, Journal of Archaeological Science, Available online 2 August 2013, ISSN 0305-4403, http://dx.doi.org/10.1016/j.jas.2013.07.018. (http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0305440313002689)
  5. Europe Before History by Kristian Kristiansen
  6. Comendador Rey, Beatriz. Archaeopress, ed. "SPACE AND MEMORY AT THE MOUTH OF THE RIVER ULLA (GALICIA, SPAIN)" (PDF). Conceptualising Space and Place: On the role of agency, memory and identity in the construction of space from the Upper Palaeolithic to the Iron Age in Europe. Consultado o 26 de abril de 2011. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Cunliffe, Barry (2008). Yale University Press, ed. Europe between the oceans : themes and variations, 9000 BC-AD 1000 (2011 ed.). New Haven. pp. 254–258. ISBN 978-0-300-17086-3. 
  8. Quilliec, Bénédicte T. (2007). "Life and death of an Atlantic sword: Reconstruction of the processes of fabrication, use wear and destruction" (PDF). Complutum 18: 93–107. Consultado o 22 de setembro de 2011. 
  9. Bowman, Sheridan; Stuart Needham (2007). "THE DUNAVERNEY AND LITTLE THETFORD FLESH-HOOKS: HISTORY, TECHNOLOGY AND THEIR POSITION WITHIN THE LATER BRONZE AGE ATLANTIC ZONE FEASTING COMPLEX" (PDF). The Antiquaries Journal 87: 53–108. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de agosto de 2017. Consultado o 22 de setembro de 2011. 
  10. Koch, John (2009). Palaeohispanica, ed. Tartessian: Celtic from the Southwest at the Dawn of History in Acta Palaeohispanica X Palaeohispanica 9 (2009) (PDF). pp. 339–351. ISSN 1578-5386. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de xuño de 2010. Consultado o 17 de maio de 2010. 
  11. Cunliffe, Barry (2008). The Prehistoric Society, ed. A Race Apart: Insularity and Connectivity in Proceedings of the Prehistoric Society 75, 2009, pp. 55–64. p. 61. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar