Abrir o menú principal

Holyrood é unha área da cidade de Edimburgo, a capital de Escocia. O nome procede dunha anglización do termo escocés Haly Ruid (Santa Cruz).

Onde estáEditar

Atópase xusto ao leste do centro da cidade, no fondo ca costa da Milla Real, a principal arteria histórica da cidade, que precisamente comunicaba o Castelo de Edimburgo co Palacio de Holyroodhouse, a residencia dos monarcas británicos en Escocia.

IntereseEditar

Holyrood foi nun tempo unha vila separada do Canongate, o centro histórico de Edimburgo , ata 1856. Na actualidade Holyrood acolle o Palacio de Holyroodhouse, a sede do Parlamento escocés, a abadía de Holyrood e un museo temático científico, especializado en xeoloxía, chamado Our Dynamic Earth. Polo demais, a área está chea de vivendas residenciais e de edificios gobernamentais.