A estela de Nicer Clutosi é unha estela funeraria da Idade Antiga.

Estela de Nicer

Tipo Estela funeraria
Data Século I
Cultura Galaicorromana
Características
Lonxitude 320 mm
Anchura 80 mm
Altura 1 150 mm
Descuberta
Localización A Veiga, Asturias Asturias
Data 1932
Conservación
Localización Museo Arqueolóxico de Asturias

Características

editar

Foi atopada en 1932 no concello asturiano de Veiga. Fai referencia a Nicer, fillo de Clutoso, príncipe dos Albións. Está exposta no Museo Arqueolóxico de Asturias, en Oviedo.

Non existe acordo sobre a súa datación. O feito de que a persoa á que fai referencia fose dunha tribo prerromana podería datalo cara ao século I. A aparición do crismón cristián que coroa a epígrafe indica que podería ser posterior, inda que estes engadíanse normalmente durante a Idade Media aos monumentos e estelas da época romana.

 
Estela de Nicer.

A inscrición da estela é a seguinte:

XP
NICER
CLUTOSI
Ɔ CARI
ACA
PRINCI
PIS AL
BIONU
M AN
LXXV
HIC S EST
XP
Nicer
(fillo) de Clutoso
(do castro) de Cariaca,
(da casa) do príncipe
dos Albións,
de 75 anos,
xace aquí

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar