Río Sardiñeira
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.) |
O río Sardiñeira é un río galego da provincia de Lugo, afluente pola marxe esquerda do río Miño, que desauga nel á altura do encoro de Belesar, dentro do concello do Saviñao, (Lugo).
Río Sardiñeira | |
---|---|
![]() Vista do encoro de Belesar lugar no que desenvoca o río Sardiñeira | |
País | ![]() |
Conca | Río Miño |
Desembocadura | Encoro de Belesar |
![]() | |
Conca do río Miño no territorio galego | |
PercorridoEditar
A Sardiñeira, como é coñecido na zona, nace na Serra das Penas, no concello de Paradela, para desembocar no río Miño, na parte alta do encoro de Belesar, logo de descender por suaves pendentes, e xa no concello do Saviñao.
AfluentesEditar
A maior parte son regos e regatos, dos que compre destacar o río do Portiño, que se lle une en Eirexafeita, no municipio do Saviñao.
Réxime hídricoEditar
É un río de réxime pluvial, do tipo oceánico, consonte unha media de precipitacións na súa conca de 1.122 mm anuais.
Fauna e vexetaciónEditar
A Sardiñeira caracterízase pola alta calidade das súas augas, o que fai abundante a vexetación e fauna que vive nas súas beiras.
En canto á flora asociada ao río, predominan os carballos, castiñeiros, salgueiros e amieiros; un tanto afastados, nas partes altas das ladeiras, áchanse tamén piñeiros. Preto da ribeira encóntranse tamén, en parte debido ao abandono das terras, e en grande cantidade, arbustos tales como o toxo o a uz.
A fauna está representada principalmente pola troita común (Salmo trutta) e a boga de río (Chondrostoma polylepis). Ligada tamén ao medio acuático, e de salientar a presenza de lontras (Lutra lutra).
Respecto ás aves pódense observar azores (Accipiter gentilis), aguionchos (Circus cyaneus) e aguionchos cincentos (Circus pygargus).
Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría. |