A Frieira, Quintela, Crecente

aldea da parroquia de Quintela, no concello de Crecente

A Frieira é un lugar da parroquia de Quintela no concello pontevedrés de Crecente, na comarca da Paradanta. Segundo o IGE en 2009 tiña de 42 habitantes (24 homes e 18 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 102 habitantes.

A Frieira

Vista xeral do encoro coa aldea á esquerda
ParroquiaQuintela
ConcelloCrecente
Coordenadas42°09′15″N 8°12′08″O / 42.154167, -8.202222
Poboación22 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]

É unha poboación da ribeira do río Miño, fronte a Cevide, a localidade máis setentrional de Portugal, e fronte ao lugar da Frieira, na parroquia de Desteriz (Padrenda). Tivo un aumento de poboación durante a construción do encoro da Frieira, e tamén pola proximidade da estación da Frieira, na liña Monforte de Lemos - Vigo. Entre 1913 e 1923 editouse na aldea o periódico Tierra Libre, fundado e dirixido por Marcelino Gómez Arias.

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Quintela

editar
Lugares da parroquia de Quintela no concello de Crecente (Pontevedra)

A Bazoca | Borbote | O Cabo de Aldea | O Cancelo | A Capela | Os Coedros | A Fonte Rastrada | A Frieira | As Laxas | A Leira | A Rectoral | A Sabanle | A Xeixeira

Parroquias de Crecente

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Crecente

Albeos (San Xoán) | A Ameixeira (San Bernabeu) | Angudes (San Xoán) | Crecente (San Pedro) | Filgueira (San Pedro) | O Freixo (San Roque) | Quintela (San Caetano) | Rebordechán (Santa María) | Ribeira (Santa Mariña) | Sendelle (Santa Cruz) | Vilar (San Xorxe)