Abrir o menú principal

San Pedro de Crecente é unha parroquia que se localiza no sur do concello pontevedrés de Crecente na comarca da Paradanta. Segundo o IGE en 2009 tiña 475 habitantes (259 mulleres e 216 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 537 habitantes.

Crecente
Iglesia de San Pedro de Crecente.jpg
Igrexa de San Pedro de Crecente.
ConcelloCrecente
Poboación434 hab. (2017)
Entidades de poboación17

PatrimonioEditar

Igrexa de San Pedro de Crecente, de transición románico-gótico. Consta de ampla nave rectangular con cuberta alintelada de madeira e presbiterio cuberto a base de bóveda apuntada. Nun dos arcos, con decoración de inspiración románica, ábrese un espazo que acubillou o sepulcro de Inés de Castro, agora depositado no museo arqueolóxico de Pontevedra. Conserva unha variada colección de canzorros, un escudo e unha fiestra no centro do testeiro absidal que consta de arco apuntado, arquivolta en aresta viva e chambrana lisa. A igrexa posúe unha reliquia da Veracruz coa bula de autenticidade expedida en Roma.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar