Río Ferreira, río Miño

curso fluvial galego

O río Ferreira é un afluente do Miño pola súa marxe dereita.
Recibe seu nome do lugar de Ferreira de Pallares, no concello de Guntín, onde desde época medieval se asentou un mosteiro.

Río Ferreira, río Miño
PaísGalicia Galicia
NacementoSerra do Careón
Palas de Rei
Altitude750 m
Lonxitude38 km
Conca383 km²
DesembocaduraRío Miño
Conca do río Miño no territorio galego

Percorrido editar

Nace na Serra do Careón, a uns 750 m de altura, no concello de Palas de Rei, e despois de atravesar este, penetra no de Guntín, para finalmente, despois de cerca de 38 km de curso, unirse ao Miño, no límite entre entre os concellos de Guntín e Portomarín (aos que serve de linde natural durante bos tramos).

Como a meirande parte dos ríos galegos acolle nas súas augas á fermosa troita. Todo o seu curso é zona libre de pesca ata que en 2008 vedaron varios quilómetros no concello de Guntín.

A superficie da súa conca é de 383 km².

Réxime hídrico editar

O Ferreira é un río de réxime pluvial.

Afluentes editar

A maior parte dos seus tributarios son ríos e regos de curto percorrido, destacando:

Homonimia editar

Hai outros ríos e regos galegos, denominados tamén de Ferreira, aínda que teñen entidade menor.



 
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.