Río Caselas
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Caselas.
O río Caselas é un pequeno río galego da provincia de Pontevedra, afluente do Miño, no seu curso baixo, pola marxe dereita.
Río Caselas | |
---|---|
![]() | |
País | ![]() |
Nacemento | Monte Corucho, Salceda de Caselas |
Lonxitude | 12 Km |
Caudal medio | ? m³/s |
Desembocadura | Río Miño |
![]() | |
Conca do río Miño no territorio galego | |
PercorridoEditar
O Caselas nace ao norte do concello de Salceda de Caselas, nas inmediacións do monte Corucho (450 msnm).
Atravesa o municipio de Salceda de Caselas para entrar logo no de Salvaterra de Miño, encurvándose e servindo de linde entre os dous concellos. No seu tramo final é linde entre os concellos de Tui e Salvaterra, antes de desaugar no río Miño. O seu percorrido total atinxe 12 km.
AfluentesEditar
Os seus afluentes son regatos de escaso desenvolvemento.
Réxime hídricoEditar
É un río de réxime pluvial, de tipo oceánico.
Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría. |