Río Termes
curso fluvial galego
O río Termes é un río galego que transcorre polo concello pontevedrés das Neves. Afluente do río Miño pola súa marxe dereita, forma parte do zona especial de conservación (ZEC) do Baixo Miño[1].
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | As Neves, España | |||
Localización | Montes da Paradanta | |||
Final | ||||
División administrativa | Galicia, España | |||
Localización | río Miño | |||
| ||||
Conca hidrográfica | conca do Miño | |||
Características | ||||
Dimensións | 9 () km | |||
Nace nos montes da Paradanta, na parroquia nevesa de Cerdeira, a unha altitude aproximada de 803 metros. Ao longo dos seus 9 quilómetros de lonxitude percorre, ademais de Cerdeira, as parroquias de San Xosé de Ribarteme, San Cibrán de Ribarteme e Santiago de Ribarteme, desembocando no río Miño a xeito de fronteira entre Vide e Setados.
Notas
editar- ↑ Páxina web de Adela Leiro Presentación en Power Point Espazos Naturais:Baixo Miño.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Mapa de Galicia (2007), Edicións do Cumio.
Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |