San Xosé de Ribarteme, As Neves
San Xosé de Ribarteme é unha parroquia que se localiza no concello das Neves. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 286 habitantes (138 mulleres e 148 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 314 habitantes.
San Xosé de Ribarteme | |
---|---|
Panorámica do val de Ribarteme. | |
Concello | As Neves[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°06′52″N 8°23′47″O / 42.114337959133, -8.3964415141391 |
Poboación | 238 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 20[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
No tocante á súa xeografía posúe dous elementos relevantes: o monte San Nomedio, de 690 metros de altitude e que domina toda a parroquia, e o río Termes, afluente do Miño e que transcorre por ela.
Nesta parroquia naceu o sacerdote Manuel Gómez González.
Romarías
editarEste artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Cada 29 de xullo celébrase a romaría de Santa Marta, que posúe como singularidade unha famosa procesión de cadaleitos arredor da igrexa parroquial. Dentro dos cadaleitos van persoas vivas que deste xeito agradécenlle á santa a súa axuda na cura dalgunha doenza. Trátase dunha das romarías máis antigas de Galiza. Segundo o xornal británico The Guardian trátase da segunda festa máis curiosa do mundo [2] e foi, ademais, obxecto dun documental que a produtora catalá Mago Productions encargou aos profesores australianos Claudia Terstappen e Greg Wallif[3]
Galería de imaxes
editar-
Bubela fotografada en San Xosé de Ribarteme
-
Igrexa
-
O Coto de Lobos
-
Outono en Sancharredonda
Lugares e parroquias
editarLugares de San Xosé de Ribarteme
editarLugares da parroquia de San Xosé de Ribarteme no concello das Neves (Pontevedra) | |
---|---|
O Areal | Babareira | Bocas | Casal da Vila | A Cernada | A Cortegosa | O Cotiño | O Coto de Lobos | O Coto | Currás | A Estrema | A Muradella | O Outeiro | As Pedriñas | A Portela | Quinteiro | Rodeiro | Rubial | Sancharredonda | Zafal |
Parroquias das Neves
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ "Five best...weird festivals", artigo en The Guardian, 28 de xuño de 2008 (en inglés)
- ↑ "Dous australianos rodan un documental en Santa Marta sobre as festas relacionadas coa morte, artigo en La Voz de Galicia, 29 de xullo de 2010.