Río Coura

O río Coura é un río portugués, afluente do Miño pola súa marxe esquerda, que ten unha lonxitude de 50 km.

Río Coura
Vilar de mouros rio.JPG
Río Coura en Vilar de Mouros
PaísPortugal
Lonxitude50 km
Caudal medio? m³/s
DesembocaduraRío Miño

DescriciónEditar

O Coura nace no concello de Paredes de Coura, e pasa por Insalde, Formariz, Paredes de Coura, Rubiães, Coura, Covas e Vilar de Mouros. Desauga no Miño en Caminha, no seu tramo baixo.

En dúas das súas praias fluviais celébranse dous dos maiores festivais de verán en Portugal, o Festival de Paredes de Coura e o Festival de Vilar de Mouros. As augas do Coura están aproveitadas por tres encoros (barragens en portugués): o de Covas, o de Paus e o de Pagade.


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.