Vilar de Mouros, Portugal
Coordenadas: 41°53′26″N 08°47′49″O / 41.89056, -8.79694
Vilar de Mouros é unha freguesía portuguesa do concello de Caminha, con 9 km² de área e 753 habitantes (2011). Está atravesada polo río Coura.
Vilar de Mouros | |
---|---|
Río Coura durante o Festival de Vilar de Mouros | |
Concello | Caminha |
País | ![]() |
Superficie | 9 km² |
Poboación | 753 hab. (2011) |
Densidade | 83,67 hab./km² |
Desde 1971 celébrase nela o Festival de Vilar de Mouros.
PatrimonioEditar
A ponte medieval de Vilar de Mouros sobre o río Coura é de arquitectura civil pública gótica, construída a finais do século XIV ou comezos do XV seguindo o modelo criado na ponte de Ponte de Lima. En 1910 foi declarada Monumento Nacional. Está constituída por tres arcos lixeiramente quebrados, sendo o medio de maior dimensións, e un taboleiro en cavalete. Foi restaurada en 2008.
Da Torre de Vilar de Mouros, desmantelada en 1838, consérvase o topónimo e algunhas pedras reutilizadas na construción de vivendas e nos piares da ponte.
Entre o patrimonio relixioso destaca a igrexa parroquial, a Igrexa Nova (Senhor dos Passos), e as capelas da Senhora do Crasto, São Brás, Santo Amaro, São Sebastião, Santa Luzia, A Senhora da Lapa, O Bom Sucesso e Santo António.
Galería de imaxesEditar
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |