Encoro de Velle

Coordenadas: 42°21′29″N 7°51′04″O / 42.3579337, -7.8510236

O encoro de Velle é un pantano artificial inaugurado en 1966 no río Miño. Está situado na parroquia de Velle, no concello de Ourense, ao norte da cidade. A súa capacidade é de 17 hm³ e ocupa unha superficie de 263 hectáreas.

Encoro de Velle
Encoro de Velle, Ourense, Galiza.jpg
Localización administrativa
EstadoEspaña
Localización xeográfica
ContinenteEuropa
CuncaRío Miño
Características
Superficie263 ha
Capacidade17 hm³
Outros datos
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaOurense
ConcellosOurense
UsosAbastecemento e hidroeléctrico

A súa presa é de gravidade e ten unha altura de 27 m. Úsase para o abastecemento de auga potable e tamén ten unha central hidroeléctrica.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar