Partido xudicial do Barco de Valdeorras

O partido xudicial do Barco de Valdeorras é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma de Galicia, sendo o partido xudicial nº 6 da provincia de Ourense.

     Partido xudicial do Barco de Valdeorras


Predio dos xulgados do Barco de Valdeorras

Comprende os concellos do Barco de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras, Petín, Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín de Valdeorras.

A cabeza de partido e por tanto sede das institucións xudiciais é O Barco de Valdeorras. A dirección do partido sitúase na Rúa Eulogio Fernández da localidade. O Barco de Valdeorras conta cun Xulgado de Primeira Instancia e Instrución.

Véxase tamén editar