Partido xudicial de Mondoñedo

O Partido xudicial de Mondoñedo é un dos 45 partidos xudiciais nos que se divide a comunidade autónoma de Galicia, sendo o partido xudicial nº 1 da provincia de Lugo.

     Partido xudicial de Mondoñedo

Comprende os concellos de Abadín, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, A Pastoriza, A Pontenova, Ribadeo, Riotorto, Trabada e O Valadouro. A cabeza de partido, e por tanto sede das institucións xudiciais, é Mondoñedo, tendo o seu enderezo na Praza San Juan Alcántara s/n da localidade. Mondoñedo conta con dous Xulgados de Primeira Instancia e Instrución[1].

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar