José Luis Torres Colomer
José Luis Ramón Torres Colomer, nado en Ribeira o 22 de agosto de 1942, é un político galego.
José Luis Torres Colomer | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 22 de agosto de 1942 |
Lugar de nacemento | Ribeira |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Foi mariño mercante. Vinculado a UCD, foi Director Xeral de Pesca e Marisqueo (1978-1982) da Xunta de Galicia preautonómica. Foi candidato de UCD nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1981 e asumiu a acta de deputado trala renuncia dun compañeiro en febreiro de 1982. Pasou a formar parte do PDP despois da disolución de UCD en febreiro de 1983. En outubro de 1983 foi nomeado Director Xeral de Cultivos Mariños da Xunta de Galicia, manténdose ata 1985. Volveu a ser elixido deputado no Parlamento de Galicia nas listas de Coalición Popular nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985. Foi elixido concelleiro en Ribeira en 1987 encabezando a candidatura da CPG, sendo tenente de alcalde en coalición con AP e CDS. Foi elixido de novo deputado autonómico, xa polo Partido Popular, tralas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989, onde se mantivo ata 1991 ao ser elixido alcalde de Ribeira con maioría absoluta. Revalidou a alcaldía con maioría absoluta nas sucesivas eleccións ata que renunciou a presentarse como candidato nas Eleccións municipais de 2011, sendo substituído como candidato e, posteriormente, como alcalde por Manuel Ruiz Rivas[1]. Ostentou varios cargos na Mancomunidade Arousa-Norte da que foi presidente en diversas ocasións de forma rotatoria cos demais alcaldes da comarca.
Foi Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias de 1992 a 1995. Foi deputado na Deputación da Coruña de 1995 a 2007, sendo Vicepresidente de 1995 a 1999, e Presidente de 1999 a 2003. Foi elixido senador pola provincia da Coruña nas Xerais de 2008, sendo reelixido en 2011, 2015 e 2016, ata a súa retirada das listas en 2019.
Notas editar
- ↑ "Ruiz Rivas, candidato del PP en Ribeira tras la renuncia de Colomer". Xornal.com (en castelán). 10/02/2011. Arquivado dende o orixinal o 13/02/2011. Consultado o 11/02/2011.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
Predecesor: Ricardo Pérez Queiruga |
Alcalde de Ribeira 1991−2011 |
Sucesor: Manuel Ruiz Rivas |
Predecesor: José Castro Álvarez |
Presidente da Fegamp 1992−1995 |
Sucesor: Julio Álvarez Núñez |
Predecesor: Augusto César Lendoiro |
Presidente da Deputación da Coruña 1999−2003 |
Sucesor: Salvador Fernández Moreda |