Modesto Pose
Modesto Pose Mesura, nado en Barizo (Malpica de Bergantiños) o 28 de decembro de 1955,[1] é un médico e político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de decembro de 1955 (68 anos) Malpica de Bergantiños, España |
Senador de España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Familia | |
Irmáns | Xosé Manuel Pose Mesura |
Traxectoria
editarLicenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, foi inspector médico no SERGAS. Foi candidato á alcaldía de Malpica de Bergantiños polo PSdeG-PSOE nas eleccións municipais de 1983 polo PSdeG-PSOE, logrando 2 concelleiros. Posteriormente instalouse en Vilagarcía de Arousa por motivos profesionais. Foi Secretario Comarcal do PSdeG-PSOE en Arousa (1993-1997), Secretario Provincial de Pontevedra do PSdeG-PSOE (1998-2012, ata 2009 como Coordinador Provincial), membro da Executiva Galega (2001-2012) e deputado no Parlamento de Galicia dende 2001 ata 2012. Foi candidato á alcaldía de Vilagarcía de Arousa nas eleccións municipais de 2011. Tralas Eleccións Xerais de 2015 foi designado senador polo Parlamento de Galicia, volvendo a ser novamente designado tralas Eleccións Xerais de 2016. Nas Eleccións Xerais de abril de 2019 volveu a ser escollido senador tras presentarse pola provincia de Pontevedra, sendo o candidato máis votado. Repetiu candidatura nas Eleccións de novembro do mesmo ano volvendo a ser elixido e o candidato máis votado. Nas Eleccións Xerais de 2023 foi elixido deputado no Congreso pola provincia de Pontevedra.
Predecesor: Antón Louro |
Sectretario Provincial do PSdeG-PSOE de Pontevedra 1998 - 2012 |
Sucesor: Santos Héctor Rodríguez |
Vida persoal
editarÉ irmán de Xosé Manuel Pose Mesura.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Modesto Pose |