Miguel Corgos

funcionario e politico galego
(Redirección desde «Miguel Corgos López-Prado»)


Miguel Corgos López-Prado, nado na Coruña en 1971, é un alto funcionario e político galego, conselleiro de Facenda e Administración Pública dende outubro de 2021.

Modelo:BiografíaMiguel Corgos
Biografía
Nacemento1971 Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario, político Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciado en Ciencias Ecónomicas e Empresariais pola Universidade da Coruña e máster en Administración Financeira e Tributaria así como posgrao en Auditoría de Contas pola mesma universidade, ingresou na función pública galega en 2000 dentro da Intervención Xeral.[1] Conta co diploma de directivo da Escola Galega de Administración Pública.[2] Como funcionario de carreira durante o goberno bipartito presidido por Emilio Pérez Touriño (2005-2009) asumiu a Subdirección xeral de Control Financeiro Permanente da Consellería de Facenda (2005-2007) e logo a Subdirección xeral de Control Orzamentario (2007-2009).

Coa chegada de Alberto Núñez Feijóo á presidencia da Xunta, Corgos foi Director Xeral de Orzamentos (2009-2012) e, entre 2012 e 2021, Director Xeral de Planificación e Orzamentos.[3] O 16 de outubro de 2021 foi designado conselleiro de Facenda e Administración Pública para cubrir a vacante deixada polo pasamento do anterior titular, Valeriano Martínez.[4]

Tomou posesión do cargo o 18 de outubro de 2021 no Pazo de Raxoi, participando logo nun Consello da Xunta extraordinario que aprobou o proxecto de orzamentos para o 2022.[5]

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixido deputado pola Coruña.[6] Continuou como Conselleiro de Facenda e Administración Pública no novo gabinete de Alfonso Rueda.


Predecesor:
Valeriano Martínez
  
Conselleiro de Facenda
 
2021 - actualidade
Sucesor:
no cargo
  1. "Miguel Corgos López-Prado - Portal Transparencia". transparencia.xunta.gal. Consultado o 2021-10-16. 
  2. "Miguel Corgos toma o relevo como conselleiro de Facenda tras a morte de Valeriano Martínez". Galicia Confidencial. Consultado o 2021-10-16. 
  3. "Miguel Corgos López-Prado". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-10-16. 
  4. "Feijóo nomea a Miguel Corgos novo conselleiro de Facenda e Administración Pública". www.crtvg.es. Consultado o 2021-10-16. 
  5. Galicia, Xunta de (2021-10-17). "A Xunta aprobará mañá o proxecto de orzamentos para 2022, unhas contas enfocadas á recuperación económica na fase final da pandemia". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2021. Consultado o 2021-10-18. 
  6. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.