Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é unha consellaría da Xunta de Galicia, que se encarga da promoción de obras públicas, do estado das estradas e das infraestruturas de comunicación, e da política de transporte. A súa titular actualmente é Ethel Vázquez.
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade | |
---|---|
Tipo | consellería da Xunta de Galicia |
Data de fundación | 1982 |
Presidente/a | Ethel Vázquez (2014-) |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA consellería de Infraestruturas e Mobilidade tivo distintas denominacións ao longo da súa historia, así incorporase unhas funcións ou outras ou se incidise máis nuns aspectos políticos ou outros. Chamóuselle consellería de Transportes e Obras Públicas (COTOP) e tamén consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. Os cambios máis importantes prodúcense en 2005 cando as competencias sobre vivenda pasan a ter unha consellería de seu, e en 2009, coa incorporación da área de xestión e conservación do ambiente, que ata daquela fora xestionado pola consellería de Medio Ambiente e a recuperación de vivenda. Tamén nese ano perde a competencia sobre os portos, que pasan a depender da consellería do Mar. En 2014 a xestión do ambiente sepárase desta consellería, e en 2018 a vivenda.
Lista dos conselleiros
editar- Ángel Mario Carreño: 1982 - 1986, como conselleiro de Obras Públicas e Ordenación do Territorio.
- Xavier Suárez-Vence: 1986 - 1986, como conselleiro de Obras Públicas e Ordenación do Territorio.
- Fernando Pedrosa Roldán: 1986 - 1987, como conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas.
- Antolín Sánchez Presedo: 1987 - 1990, como conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas.
- Xosé Cuíña: 1990 - 2003, como conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
- Alberto Núñez Feijóo: 2003 - 2005, como conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
- María Xosé Caride: 2005-2009, como conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.
- Agustín Hernández: 2009-2014, como conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
- Ethel Vázquez: 2014-, como conselleira de Infraestruturas e Vivenda (2015-2018) e como conselleira de Infraestruturas e Mobilidade (2018-).
Estrutura interna
editarSecretarías e direccións xerais
editarAdemais da necesaria Secretaría Xeral da consellería, a consellería de Territorio conta coas seguintes direccións e secretarías xerais:
- Secretaría Xeral Técnica: María Pilar Arias Graña[1]
- Dirección Xeral de Mobilidade