Antolín Sánchez Presedo
Antolín Sánchez Presedo, de nome completo Antolín Luís Mariano Sánchez Presedo[1], nado en Betanzos o 5 de abril de 1955, é un político galego membro do PSOE, e deputado no Parlamento Europeo.
Antolín Sánchez Presedo | |
![]() Sánchez Presedo en 1992 | |
1979 – 1985 | |
Alcalde de Betanzos
| |
1983 – 1985 | |
Sucedido por | Manuel Lagares Pérez |
1981 – 1987 | |
1985 – 1993 | |
Precedido por | Antonio Rodríguez Rodríguez |
Sucedido por | Francisco Vázquez |
1987 – 1990 | |
Presidente | Fernando González Laxe |
Precedido por | Fernando Pedrosa |
Sucedido por | Xosé Cuíña |
20 de xullo de 2004 – 30 de xuño de 2014 | |
Datos persoais
| |
Nacemento | 05 de abril de 1955 (65 anos) Betanzos, ![]() |
Partido | PSdeG-PSOE |
Profesión | Político |
Residencia | Betanzos |
TraxectoriaEditar
FormaciónEditar
É Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, e Master en Dereito da Unión Europea pola Universidade Carlos III de Madrid.[1]
Finais dos setenta e década dos oitentaEditar
Deputado no Parlamento de Galicia dende a I ata a IV lexislatura (1981-1997), e concelleiro da súa cidade natal dende 1979 ata que, en 1983, obtén a alcaldía de Betanzos ó gañar as eleccións municipais por maioría absoluta. En 1985 é nomeado Secretario Xeral do PSdeG-PSOE en substitución de Paco Vázquez, motivo polo que deixa a alcaldía betanceira co fin de prepara-las eleccións autonómicas que se celebrarían en novembro dese ano.
A pesar de perde-las citadas eleccións, en 1987, e debido á moción de censura presentada contra o goberno de Xerardo Fernández Albor (que triunfaría grazas ó voto do tránsfuga Xosé Luís Barreiro), o PSdeG-PSOE acada o poder, formando un goberno tripartito coa Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego. Sánchez Presedo sería nomeado Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas dese goberno, mantendo o cargo ata a vitoria do Partido Popular nas eleccións autonómicas de 1989.
Candidatura á presidencia da XuntaEditar
En 1993 foi candidato á presidencia da Xunta de Galicia polo PSdeG-PSOE. A contundente derrota electoral precipitou a súa saída coma Secretario Xeral do partido, situación que aproveitaría para estudar o citado máster e dedicarse posteriormente ó exercicio da avogacía.
Parlamento EuropeoEditar
En 2004 regresa á política: é elixido deputado no Parlamento Europeo, cargo que ostentou até as eleccións de 2014.
Predecesor: Vicente de la Fuente García |
Alcalde de Betanzos 1983 - 1985 |
Sucesor: Manuel Lagares Pérez |
Predecesor: Fernando Pedrosa Roldán |
Conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas 1987-1989 |
Sucesor: Xosé Cuíña |
Predecesor: Antonio Rodríguez Rodríguez |
Secretario Xeral do PSdG 1985 – 1993 |
Sucesor: Francisco Vázquez Vázquez |
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Ficha na web Galicia Política". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2014. Consultado o 27 de novembro de 2014.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Ficha de eurodiputado de Antolín Sánchez Presedo (en castelán)